|
A OLIVEIRA |
|
|
|
A oliveira (Olea europea) é unha das 35 especies do xénero Olea. A oliveira silvestre está considerada dentro daa subespecie sylvestris e as oliveiras cultivadas dentro da subespecie sativa. É unha árbore perennifolia, de tamaño mediano, e con tronco nudoso. Encóntrase presente en toda a rexión mediterránea e Oriente Próximo, mais foi estendida a outros países ou zonas con clima semellante como Perú, Chile, Arxentina, California, a República Sudafricana ou Australia. É un dos cultivos tradicionais máis antigos. É unha planta orixinaria do Oriente Próximo, que desde ha máis de 5000 anos foi introducida no oeste da conca mediterránea. En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares aillados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan para autoconsumo basicamente. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.
|