APROVEITAMENTO.

 

 

 

 A súa madeira é resistente e dura, non flota na auga e resulta moi boa como combustible.
  É unha especie moi apreciada en ebanistería pola súa dureza e a súa facilidade para ser traballada. A madeira, de cor claro, usouse, tinguida de negro, para substituír ao ébano.

As súas ramas, cargadas de froitos, foron tradicionalmente cortadas para adornar as casas en tempo de Nadal. polo que chegou a unha situación comprometida que provocou a súa protección por parte da Xunta de Galicia., Precisamente as pólas que teñen máis interese para a ornamentación son as de pés femias (as que teñen os froitos) provocando así unha descompensación de sexos e producindo un excesivo distanciamento entre femias e machos que impide a normal reprodución da planta. 

 

Os froitos son tóxicos para as persoas orixinando diarreas, convulsións e mesmo a morte en nenos e nenas, pero as follas teñen propiedades febrífugas, sudoríficas, diuréticas e laxantes. Segundo a medicina popular a cortiza do acivro, macerada en auga, axuda a curar a epilepsia.

 Os brotes de cepa son moi apreciados en Galicia como "aguilloadas", varas longas cunha punta de ferro no extremo usada para controla-lo gando; picar ou aguilloar aos bois, cavalos e outros animais e que aínda non hai moito tempo estaban a venda nas feiras do país.  Tamén poden ser empregados en mangos que teñan que soportar esforzos de flexión, mangos de cazolas que conteñen líquidos moi quentes. 

Coa casca faise o visgo ou liga, produto gomoso empregado para cazar pequenos paxaros vivos( xílgaros, reiseñores,...).Untamos pequenas variñas coa liga e as pousamos preto dos bebedoiros dos paxariños, dos seus niños ou de farelas de pan; cando chega o paxaro queda pegado á variña e xa non pode voar.

volver