1. Descrición botánica

A oliveira forma parte da familia das oleaceas, que comprende, entre outras, as lilas (Syringia), os ligustros (Ligustrum) e os freixos (Fraxinus), así como inúmeros arbustos como as forsythias ou os xasmíns.

 

1. 1. Aspecto xeral

Moi ramoso, de toro nudoso, e cortiza esburacada e castaña, pode chegar alcanzar de 15 a 20 m de altura e vivir moitísimo tempo. Porén, pola acción de animais cavadores ou vivir en lugares moi venteados ou expostos ás brétemas, soe adoitar un aspeito arbustivo, manténdose en bolas compactas e impenetrábeles, tomando a forma dun mato espiñento. Na maioría das formas de cultivo, as oliveiras son mantidas a unha altura de 3 a 7 metros de hauteur, a fin de facer posíbel o seu cuidaddo e a recolleita dos froitos.

 

1. 2. Raíces

As raíces poderosas e longas da oliveira poden chegar até unha profundidade de 6 metros, característica que lle asegura sempre a posibilidade de obter auga para o seu desenvolvemento.

 

1. 3. Follas

As follas son opostas, ovais alongadas, sostidas por un curto pecíolo, coriáceas, enteiras, enroladas sobre os seus bordos, dunha cor verde escura brillante na cara superior e dun verde claro prateado, cunha nervadura medial saliente na cara inferior. A follaxe é persistante, e sempre verde, mais isto non quere dicer que as súas follas sexan inmortais, pois viven, como media, tres anos, logo amarelean e caen, principalmente no verán.

 

1. 4. Flores

As flores son blancas cunha corola, dous estames, un cáliz con catro pétalos ovais, e un ovario de forme arredondada que ten un estilo bastante espeso e remata cun estígmata. Este ovario contén dous óvulos. As flores están agrupadas en pequenos acios con entre 10 e 20 exemplares, abrochando na axila das follas a comezo da primavera nas pólas con dous anos de idade.

A maioría das oliveiras son autofértiles, é dicer que o seu propio pole pode fecundar os seus propios ovarios. A fecundación efectúase sobretodo polo venot e non dura máis que apenas unha semana por ano. Se non chove demasiado durante ese período, entre un 5% e un 10% das flores producirán froitos suficientes para unha boa sazón.

 

1. 5. Froitos

O froito, a oliva é unha drupa, da que a pel (epicarpio) está recuberta dunha materia cerosa impermeable á auga, e unha pulpa (mesocarpio) carnosa, rica en materia graxa, almacenada durante a época de lipoxénese, que vai entre fins de agosto e o inicio da maduración. En inicios verde, tórnase negra na completa madurez. A codia moi dura, ososa, está formada dun envoltorio (endocarpio) que se esclerosa no verán a partir de finais de xullo e contén unha améndoa con dous ovarios, dos cales un é, polo xeral, estéril e non funcional: ese gran (raramente os dous) produce un embrión, que dará unha oliveira nova se as condicións son favorábeis.

 

1. 6. Subespecies

A especie Olea durante moito tempo foi subdividida en dúas subespecies, Olea europaea var. europaea para a oliveira doméstica (Europa e Turquía), e Olea europaea var. sylvestris (Mill.) Lehr para a oliveira brava. Esta subdivisión está hoxe anticuada. Diversos traballos teñen demostrado a ausencia de límites entre as poboacións salvaxes e as cultivadas, tanto no aspeito xenotípico como fenotípico [1] .

Porén existen outras seis subespecies:

 

 

1. 7. Ciclo Vexetativo

 

Fases Vexetativas

Comezo

Duración

Manifestacións

Repous vexetativo

decembro-xaneiro

1-3 meses

Actividade xerminative parada ou lentificada

Indución floral

febreiro

.

Os froitos desenrolaránse sobre pólas deitadas o ano precedente (> poda).

Aceleración da vexetación

fins de febreiro

20-25 días

Emisión de nova vexetación de cor clara

Aparición de botóns florais

metade de marzo

18-23 días

Inflorescencias de cor verde, brancuxo na madurez

Floración

de inicio de maio a 10 de xuño

7 días

Flores abertas e de bon aspeito, polinización e fecundación

Fructificación

fin maio-xuño

.

Caída dos pétalos, precocidade de flores e froitos

Desenrolo dos froitos

segunda metade de xuño

3-4 semanas

Froitos pequenos mais de bos aspeito

Endurecemento das coias

xullo

7-25 días

Fin da formación dos froitos voltándose resistentes a cortes e seccionados

Medramento dos froitos

agosto

1,5-2 meses

Aumento considerabledo tamaño dos froitos e aparición de lenticulas

Comezo da maturación

metade de outubro a decembro

.

Polo menos a metade da pel du froito vira de verde a violeta

Maturación completa

fin de outubro a decembro

.

Froitos con cor uniforme de violeta a negro

 

A oliveira non produce de modo natural máis que un ano de cada dous a falta de poda, e a produción non se estabiliza máis que de vagar, progresivamenet, mais tamén duradeiramente : entre 1 e 7 ans, é o período improductivo, cunha dura que pode dobrar o tempo en caso de seca; até os 35 anos, a árbore desnvólvese e coñece un aumento progresivo da produción; entre 35 anos e 150 anos, a oliveira alcanza a súa madurez plena e a súa produción óptima. Para alé de 150 anos, a árbore envellece e os seus rendementos tórnanse aleatorios, ao chou.

 

volver