|
|
CARACTERÍSTICAS E HÁBITAT |
|
|
|
Clase: Anxiospermas O ACIVRO (ILEX AQUIFOLIUM L) É UNHA ÁRBORE PERENNE da familia aquifoliáceas. Perenne quere decir que non perde tódalas súas follas ó chegar o outono, senón que a renovación das follas realizarase de forma gradual, de maneira que a árbore sempre está provista dun número importante de follas para poder realizar a fotosíntese.
É, ademais, unha especie
de crecemento moi lento e lonxeva, pode vivir moitísimo tempo, rexistrándose
casos de até 300 anos.
O nome do
xénero procede do
latín
ILEX,
nome co que os romanos designaban a
aciñeira
(Quercus
ilex), pola semellanza das súas follas coas desta árbore.
É unha planta de tamaño variable, podendo crecer en forma de ARBUSTO de talla media, de 2 a 5 metros, con multitude de talos que parten do mesmo punto no chan; ou en forma de ÁRBORE, tamén de talla media cunha altura que pode chegar ós 10 metros e cun só tronco que se ramifica en altura para formar unha copa densa. A súa copa, cónica, ten forma de espiral con pólas ascendentes nas árbores novas, pero co tempo vólvese mesta e irregular. Ás veces o acivro forma acevedos, bosques mestos e pechados. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. Está asociada a bosques de coníferas e carballos e é unha especie de sombra e semisombra, de climas templado-fríos sen demasiada secura, xa que lles gusta a humidade ambiental. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas). Tolera moi ben a poda, polo que se usa en sebes En Galicia podémolo atopar nas catro provincias; dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior.
A
súa distribución no noso país e moi ampla, sobre todo nas montañas do
interior:
|
|
|
FOLLAS |
||
|
As follas son moi
variables, aínda que adoitan ser coriáceas, elípticas e cos bordos
ondulados, de entre 5 e 12 cm de lonxitude, co extremo en forma de punta.
As follas son moi diferentes segundo sexan xoves ou adultas. Entre as variedades hai algunhas con bordos brancos, a "argentea marginata" outra cos bordos dourados a"flambea aurea" tamén unha con moitas espiñas a "ferox"
|
||
|
FLORES |
||
|
As flores son
unisexuais e
dioicas: flores masculinas e femininas nacen en diferentes árbores,
en pés masculinos e
femininos, en
inflorescencias mestas, situados na base das follas.
|
||
|
FROITO |
||
|
O froito e un drupilanio, unha baga carnosa, dunha viva cor vermella, de entre 7 e 10 mm de diámetro, o tamaño dun chícharo, e contén catro sementes duras; son velenosos para o home. Estes froitos maduran no outono en outubro e permanecen na árbore ata finais do inverno
Para os
froitos temos recollido a denominación popular de cereixa dos paxaros.
|
||
|
TRONCO E PONLAS |
||
|
A cortiza do acivro é lisa e de cor verde agrisada. As ponliñas son verdes escuras., as súas follas son de cor verde escura.
|
||
|
|
|
|