|
2. Cultivo |
2. 1. Necesidades climáticasA oliveira é un cultivo propio de climas mediterráneos caracteritzados por invernos relativamente suaves e veráns longos, cálidos e secos, con medias anuais de temperatura entre 15 e 20 graos, e de precipitacións entre 500 e 700 mm. Prefire os vales amparados ou as chairas baixas que no estean expostas a fríos intensos. Pode medrar nas ladeiras de montañas orientadas para o sur. A oliveira é máis sensíble ao frío que outras árbores froiteiras, como maceiras, pereiras ou pexegueiros, pero é máis resistente que os cítricos. Como outras árbores experimenta un aguante progresivo ás baixas temperaturas a partir do outono. As temperaturas entre 0 e -5 graos provocan pequenas feridas en pólas novas, mentres que con temperaturas entre -5 e -10 graos poden xa morrer esas mesmas pólas, e a partir de temperaturas inferiores a -10 graos morren tamén pólas grandes e mesmo toda a parte aerea da planta. A oliveira precisa un verán bastante cálido para que poidan madurar as olivas. Na clasificación agroclimática de Papadakis necesita un verán do tipo do que permite o cultivo do arroz. O mínimo pluviométrico rexístrase na rexión de Sfax, en Tunícia, onde se cultiva a oliveira con non máis de 200 litros de choiva anual. Porén, un clima tan seco conleva uns rendementos moi baixos. As boas prácticas agrarias determinan que, en caso de terreos en pendente, as aradas se fagan seguindo as curvas de nivel para limitar os perigos da erosión. Na plantación tradicional colocábanse 100 árbores ou menos por hectárea. Actualmente tense comprobado que plantacións máis densas, de até 300 oliveiras por hectárea, son máis productivas.
|
2. 2. Labores habituaisOs labores correntes son:
|
|
Recentemente estanse a xeralizar as técnicas de mínimo cultivo, é dicer, que só se fan as aradas indispensables e quítanse as malas herbas con herbicidas. Con esta técnica obtéñense producións similares, pero con menor custo económico. A agricultura ecolóxica da oliveira está moi espallada, por ser unha árbore rústica, resistente, sendo moi fácil aplicala. Combátense as pragas empregando feromonas e máis insecticida biolóxico, e non se usan productos sintéticos químicos para abonar nen herbicidas. As plantacións "superintensivas", ou de alta densidade, supoñen plantar unhas 2.000 oliveiras por hectárea, utilizándose unha mecanización total para a espurga; a recolección faise con máquinas que pasan por riba das plantes, ao xeito das máquinas de vendimar; así sereduce moito o custo da recolleita, pero non hai aínda suficiente experiencia a respeito de si estas novas plantacións poderán aguantar bastantes anos con tal sistema. O cultivo da oliveira, por tradición, é de secaño, aínda que actualmente tamén se realiza con rega; así se asegura unha produción dada, pois se o ano é moi seco pode ser nula. As olivas para aceite cóllense entre finais de outono e comezo do inverno. Algunhas variedades son recollidas a man cando aínda están verdes, e, cun pouco de adobo, poden seren consumidas como olivas de mesa. Tradicionalmente as destinadas para obtención de aceite, cóllense con sacos ou mallas cosidas, estrándoas en terra por embaixo da copa (máis un par de sacos arredor da raíz, para evitar perderen as olivas por esa zona); as olivas fanse caír: sacudindo con as mans as gallas con froito ou ben cunha especie de "pinza" de ferro ou ben a golpes de vara (nas variedades en que se pode, por ter un tipo de oliva que cai facilmente ao vareala). As olivas estendidas sobre os sacos ou mallas recóllense en seiróns ou outros recipientes para levalas ao moíño ou lagar, para moélas e extraérlles o aceite. Antigamente tamén se collían as que xa caíran antes da recolleita, e que andaban ciscadas entre pedras e torróns, mais hoxe considérase unha práctica traballosa e antieconómica. Ademais esas olivas son de calidade ruín por que soen ser acedas en demasía.
|