ECOSISTEMA

 
 

 

O acivro  forma parte da flora silvestre da montaña, onde acada un gran valor paisaxístico e ecolóxico.
É
unha árbore emblemática en especial na comarca do Courel, pola súa relación directa cun dos seus animais máis significativos, xa desaparecido, a pita do monte

Como xa dixemos ao ser perenne a árbore sempre está provista dun número importante de follas para poder realizar a fotosíntese. Esta carascterística é unha das principais responsables da enorme importancia do acivro nos bosques de montaña dos Ancares, xa que é unha das poucas árbores  entre os bidueirais, carballeiras e bosques mixtos que mantén as súas follas no inverno converténdose así en refuxio de multitude de animais cando a neve cobre o chan do bosque.

Por outra banda, nas zonas boscosas de montaña e ,de cheo no inverno, cando outro tipo de vexetación escasea, os froitos e follas do acivro constitúen o cáseque único alimento dunha importante comunidade de vertebrados (roedores, herbívoros e aves) como a pita de monte, corzo, tordo, lebres e esquíos.
A mesta follaxe da lugar a que a temperatura no interior dun acivro chegue a ser uns 4ºC superior á temperatura no exterior polo que serve de acubillo de moitos paxariños que escapan así das ventiscas e nevaradas e incluso se ocultan dos seus predadores naturais como o miñato (Búteo búteo) e o azor (Accipiter gentiles).
Estudios feitos nos Ancares demostran que no cru inverno un 67% dos paxaros foron atopados vivindo nos acivros.

                                                                                                         VOLVER