Despois de alimentarse moi ben durante semanas comezaron a face-lo capullo.
Foi un intre abraiante do que non quixemos perder detalle.

     Como vedes, tanto lles tiña facelo nun recunchiño da caixa, como porse a facer equilibrios no bordo de arriba; facelo no fondo da caixa, ou acochadiños nunha folla.

     Despois de comezar a bota-las babas de seda e procurar o acomodo que lles resultase mellor, os nosos vermiños adicábanse a dar voltas e máis voltas tecendo o seu fogar na  súa derradeira etapa como vermes.