OS NOMES DO ACIVRO

 

O acivro recibe outros moitos nomes en galego.
Moitos deles son simples variantes fonéticas e, noutros casos, reflicten o bordo espiñento das súas follas:

  • Aceveda, acevedo, acevicho, aceviño, acevreiro, acevo, acevro, aciveira, aciveiro, acivo, acivra, acivreira, acivreiro, axivo, cebro, cibro, encebiño, escornacabras, picoloureiro, rascacú, vellebrán, visgo, xando, xardeira, xardo e xardón.

Xardo e xardón son nomes máis comúns para outra planta, arbustiva, de follas rematadas nunha punta espiñenta, pero que nada ten que ver co acivro:.trátase da xilbarbeira (Ruscus aculeatus).

O que no idioma galego teña tantos nomes,  demostra  a importancia desta árbore para os galegos. Son moitos nomes e en moitos lugares.

Nome castelán: Acebo (mal chamado muérdago), confusión orixinada por ser ambas especies usadas de modo similar. O auténtico muérdago é o Viscum Album)

 

                                                                                                                                                  VOLVER