VIGO E A OLIVEIRA



A Vigo  coñece
selle como a cidade olívica, e esta posíblemente sexa a orixe da tradición que asocia a oliveira ao escudo heráldico da cidade.
No século XIV d.C. os monxes da Orde do Templo de Jerusalén (Templarios), tomaron posesión do antigo templo dedicado a Santa María, e no seu adro plantaron unha oliveira. Co tempo os templarios desapareceron de Vigo pero a oliveira ficou.
En 1816 o vello templo é derr
ubado para construir o novo de estilo Neoclásico Galego que pode verse na praza da Pedra, e a oliveira desapareceu. Don Manuel Ángel Pereyra recolleu un esqueje daquela árbore, e asi este pudo sobreviver. Os seus descendentes plantarono no paseo do Alfonso XII, onde pode verse actualmente.
Pero a un sempre lle ficará a dú
bida de se os templarios trouxeron a oliveira, ou a adoptaron por ter xa este un carácter sagrado para a cidade.
Achegádevos ao “paseo de Alfonso”, e baixo as suas pólas ollade eses seráns luminosos e máxicos, nos que o último sol se afunde no Mar Trevoso tralas Cies.

 

volver