EXCEDENCIAS
VOLUNTARIA POR INTERESE PARTICULAR
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia. Art
55.2
DURACIÓN: Mínimo de dous anos.
REQUISITOS: Ter prestado sevizos durante os 5 anos inmediatamente anteriores.
VOLUNTARIA POR AGRUPACIÓN FAMILIAR
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia. Art
55.3
DURACIÓN: Mínimo de dous anos e máximo de 15.
REQUISITOS: Ter prestado sevizos durante os 5 anos inmediatamente anteriores.
PARA O COIDADO DE FILLOS OU FAMILIARES
LEXISLACIÓN: Lei 4/88 da Función Pública de Galicia. Art
55.4
DURACIÓN: Máximo de tres anos desde a data de nacemento.
OBSERVACIÓNS: Cando a nai e o pai traballen, só un deles poderá
exercer este dereito.
Durante este período, tense dereito á reserva do posto de traballo
e ao seu computo para trienios.
Parágrafo engadido na lei9/2003 de medidas fiscais e administrativas
Engádeselle un novo parágrafo ó artigo 55.4 da Lei 4/1988,
do 26 de maio, da función pública de Galicia, coa seguinte redacción:
"No caso da excedencia prevista no parágrafo primeiro deste apartado,
o dereito á reserva do posto de traballo durante o primeiro ano ao que
se refire o parágrafo anterior estenderase ata un máximo de quince
meses cando se trate de membros de unidades familiares que teñan recoñecida
a condición de familia numerosa de categoría xeral e ata un máximo
de dezaoito meses se teñen a condición de familia numerosa de
categoría especial".