HISTORIA
|
|
|
O C.E.I.P Ponte de Xuvia de Narón é un Centro que data dos anos 60. Moitos foron os cambeos ata chegar a ser o que todos coñecemos hoxe en día. Naceo como escola Unitaria, con vivenda para os mestres na que se impartían clases a nenos/as nunha mesma aula Posteriormente pasou a ser o que se denominaba escola de nenos e nenas.Dúas das vivendas foron cedidas polos mestres /as ó Concello e habilitáronse para novas aulas e así poder aumenta-lo Centro, quedando só unha ocupada por mestres.. Para despois converterse nunha escola Graduada na que se impartían clases de Preescolar e E.X-B, pero ata Ciclo Medio. Tendo durante moitos anos varios cursos xuntos ó non dota-la administración do persoal necesario. Co paso do tempo e despois dun sinfín de reivindicacións conseguiuse :un edificio novo, que posteriormente foi ampliado que é o que hoxe ocupan as aulas de Infantil, Despachos, Biblioteca, Conserxería, Sala de profesores e aula de Música. Quedando o antigo edificio só para Ensino Primario. Tamén habilitouse un patio de recreo cousa do que antes se carecía. Neste momento aparece por vez primeira a figura do especialista de Inglés , ainda que durante dous anos foi compartido con outros centros. Coa nova Rede de Centros e ante o aumento de matrícula que de
forma progresiva iase vendo tódolos anos, o Consello Escolar
xunto coa Comunidade Educativa en pleno e contando co apoio Institucional
do Concello solicitouse unha revisión da mencionada Rede de Centros
para ser un colexio completo de Primaria.Unha vez conseguido esto e
convertidos xa nun C.E.I. P chegamos a actualidade na que somos un centro
que ano a ano vai aumentando de matrícula, dotado de todo o profesorado
necesario e cunhas instalacións que permitan levar a adiante
todo o proceso educativo. PATIO DE ESPARCIMENTO SEN PISTAS DE XOGO E FACHADA EXTERIOR EDIFICIO DE EDUCACION PRIMARIA |