LICENZAS

POR ENFERMIDADE PROPIA
LEXISLACIÓN: R.D. Lexislativo 4/2000 arti. 21 e ss. Lei xeral da seguridade Social. Arti. 126 e ss. Orde 7/04/2008
DOCUMENTACIÓN: Baixa médica oficial se é máis de catro días, aportando certificado médico, modelo de Muface ou da Seguridade Social.
DURACIÓN: Ata alta médica. Máximo 18 meses persoal funcionario(prorroga ata 24 meses). Interino até 12 meses ( prorroga ate 18 meses)
OBSERVACIÓNS: Retribuida. A aprtir do 4º mes con subsidio de Muface. O persoal interino cobra da Seg Social ( a diferenza até o 100% págaa a consellería.
RESOLUCIÓN: Delegación. Prazo non se contempla.

POR ASUNTOS PROPIOS
LEXISLACIÓN: Orde 7/04/2008. Artigo 21
DURACIÓN: Ata tres meses cada dous anos.Non inferiro a 5 días
DOCUMENTACIÓN : Anexo IV
RETRIBUCIÓNS: Sen retribucións.Subordinada ás necesidades do servizo
RESOLUCIÓN . Delegación . Prazo 10 días

POR MATRIMONIO OU UNION DE FEITO
LEXISLACIÓN: Orde 7/04/2008, Art. 20
DOCUMENTACIÓN: Anexo IV .fotocopia cotexada do libro de familia ou da inscrición no rexistro oficial de Parellas de feito
RESOLUCIÓN: Delegación. Prazo 10 días

DURACIÓN:15 días naturais inenterrompidos.

OBSERVACIÓNS. Retribuida. A licencia pode ser anterior ou posterior en todo ou en parte a data do feito causante. Excepcioonalmente poden ser noutras datas dentro do curso académico