|
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
ENTROIDO |
||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
Como todos os anos formáronse por cursos ou niveis as distintas comparsas. Algunhas, mesmo con coreografías e músicas de acompañamento. Nesta ocasión propúxose o tema xenérico das razas, etnias e grupos sociais polo que a variedade de personaxes, tribus e colectivos foi moi grande. |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||
| Pequena galería Fai clic nas fotos para velas en grande |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]()
|
|||||||||||||||||||||||||||||
|
|
O meco que estivo exposto toda a semana ordenou a todo o persoal vir o mércores con algo vermello e o xoves cun zapato distinto en cada a pé. | |||||||||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
O venres de Entroido tódolos alumnos e mestres saen coa súa comparsa polo paseo marítimo da ría do Burgo no tramo máis próximo ó centro. Nesta ocasión fixemos un percorrido máis curto debido á ameaza da choiva e despois, colocados nas gradas do paseo, unha sesión de fotografías. |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||
|
|
![]() |
O xoves, á volta das vacacións, fixemos o noso particular Enterro da Sardiña. Queimamos o Meco despedíndonos del con grandes mostras de dor e tristura e amosando o noso loito con panos, cravatas, brazaletes e prendas negras de todo tipo. |
||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||