SITUACION COLEXIO HISTORIA ALUMNADO PROFESORADO ANPA

 UN POUCO DE HISTORIA

O noso centro está situado no Concello de Cambre, no lugar coñecido como O Temple.

O Concello de Cambre forma parte da histórica comarca das Mariñas dos Freires ou dos Frades.

O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago en Compostela, tivo unha grande importancia para a zona, xa que dende o comezo os peregrinos que chegaban do Norde de Europa e das illas Británicas elixiron  o porto de Faro, situado na ría do Burgo, para completar a peregrinación a Compostela.

A Ría do Burgo

Ponte do Burgo

A finais do século XII a cidade da Coruña atopábase abandoada e semiderruída e a súa población desplazárase ó fondo da ría, lugar máis seguro fronte ás incursións piratas.

Así, baixo o reinado de Afonso VII, o poderoso Conde de Traba fundará unha poboa chamada “Burgo de Faro”. Deste xeito a ponte do Burgo será o auténtico porto ó que se arrimaban os barcos para a carga e descarga das mercadorías, á vez que delimitaban as augas navegables da ría.

         
 

Baixo a doazón dos Condes de Traba construíuse na parroquia de O Temple a bailía dos cabaleiros templarios, que é o lugar que hoxe ocupa a igrexa de Santa Mª do Temple, tendo constancia da súa existencia xa no 1188.

 
 

Parroquia do Temple

 
   
         
 

A parroquia do Temple coa súa igrexa románica e a ponte do século XIV son os últimos vestixios da fortaleza que os templarios posuían aquí. Nun dos extremos da ponte aparece a escultura en pedra dun paraugas, icono representativo da zona, por todos recoñecido na comarca. De aí que o portal de entrada do noso sitio web leve "o paraugas" .

 
 

Os paraugas vello e novo

 
         
 

O noso centro   Secretaría  Celebracións  Outras actividades  Aprende e xoga  Novas Caixón de recordos

 
         
 

Voltar á páxina principal