TRABALLO DE LINGUA NO 2º CICLO

 
 

Divulgando o uso da lingua.

 (falada, escrita, lida e escoitada)

(versión para imprimir) pdf    doc

 

p

a

s

a

 

o

 

r

a

t

o

 

s

o

b

r

e

 

as fotos

 

Esta é Unha aula do 2º ciclo”, os nenos teñen oito anos, xa saben ler e a partir de agora os textos serán máis completos, neles van descubrindo palabras novas e un xeito diferente  de contar as cousas.  
         
  Ás veces as contan oralmente e outras por escrito, ámbalas dúas requiren esforzo, atención e gusto polo que fan.  
   
 

Os venres dous alumnos expoñen ós compañeiros, na lingua que eles elixen expresarse, o último libro que leron, recomendándolles a súa lectura se lles pareceu interesante.

 O remate da presentación fanlle ó orador as consultas que consideren oportunas tanto da historia en si coma de: onde o colleu, canto tempo lle levou lelo, se ten moitas páxinas, como son as ilustracións...

 
 

leo        escribo        falo         escoito

 
     
 

Ese mesmo venres outros dous nenos len a redacción escrita esa mesma semana. Os temas desas redaccións están relacionadas ben, cos temas que están a dar, ou, como xa faciamos no curso anterior e seguen a facer neste curso algúns alumnos do 3º ciclo, relacionando dúas verbas sacadas ó azar  do “ Noso diccionario particular”  ou propostas por eles,

 (disque se chama “Binomio fantástico”).

 
 

O  “Noso diccionario particular

 
 

Está nunha caixiña que imos enchendo ó longo do curso día a día con fichas, cada unha recolle a palabra que nos chamou a atención, co seu significado, e o que é (nome, adxectivo ou verbo).             

 

 
 

Nun “Caderno moi especial” cada un vai anotando os libros que acaba de ler día a día. Vale cómic, poesía, conto, de consulta....

 
       
  Con todos eles: disfrutamos,e aprendemos, ademais de axudarnos a pensar.  
         
 
Campo a travésCousasLengua 2º CicloActividades DeportivasMedio Ambientesaidas culturaisInformática