| |
|
Con bágoas de cristal
despídese o ser querido
abrindo á nova xeración
un novo camiño.
Oir paxaros cantores
oir o fluir do río,
cantar con ledicia
¡un neno naceu!.
Ten coidado amiga miña
pois ti sabes ben,
ca rosa máis fermosa
espiñas ha de ter.
Teño
vista
teño sentimentos
teño o teu corazón
|
|
|