 |
Saídas dos alumnos de 3º
|
|
| |
Este curso entre outras fixeron
as seguintes saídas: sesión de teatro no Forum
Metropolitano, concerto no Pazo da Opera e o día 25 de maio a visita á
Casa dos Peixes
do concello de A Coruña. Esta visita foi moi bonita
porque aprendín moitas cousas e nese momento me daban ganas de ser un peixe.(David) |
|
| |
 |
|
| |
O primeiro que
fixeron foi baixar a sala Nautilus chamada así en recordo de Xulio Verne.
Vimos quenllas pequenas e grandes .Unha quenlla chamábase Gastón e outra a
femia Hermosa. Hermosa e Gastón son quenllas touro.(Pablo)
O macho era enorme e a femia que estaba escondida, non a puidemos ver,
despois vimos uns peixes da cor da area que tiña os ollos do revés e se
sumerxia na area e non se notaba (Yamila)
|
|
| |
Vimos moitos peixes diferentes como
:o rodaballo, o anxelote, sardiñas. . .etc. Tamén puidemos ver parte dun
esqueleto dunha balea. Alí contáronnos unha historia sobre aquela balea e di
así: Un día unha balea moi enferma chegou moi cerca da Torre de Hércules e
como ninguén a recolleu morreu, e a enterraron e anos máis tarde
doaron algúns dos seus osos ó aquarium (Oscar) |
|
|
Non puidemos
fotografar porque o flash faille dano ós peixes. |
 |
|
| |
|
Había unha
exposición de perlas de diferentes clases e cores (de labios negros,
europeas, cultivadas, xaponesas) tal como di o cartel anunciador "unha
historia en doce adxectivos: naturais, suaves, elegantes, redondas,
simbólicas, imitadas, famosas, cultivadas, perigosas, mitolóxicas, exóticas,
valiosas. |
|
| |
Non puidemos
achegarnos ó estanque onde viven as focas e os polbos porque a chuvia
e o vento non nolo permitiron. |
 |
|
| |
De regreso ó centro
e debido ó mesmo motivo tampouco puidemos visitar o "punto limpo" de Eirís onde recollen varios tipos de residuos: mobles,
electrodomésticos, ordenadores, móbiles, chatarra, neumáticos, tubos
fluorescentes, aceites usados, pilas e baterías, insecticidas restos de
pinturas ...etc |
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|
|