|
CURSO 2010-11
CHEGOU O SAMAÍN AO COLEXIO ADR CASTELAO!
Como tódolos anos por estas datas, no noso centro celebramos o Samaín: cabazas, cancións, morcegos, bruxas, esqueletes… non falta nada!
Os alumnos e alumnas participarán en actividades relacionadas con esta celebración, colaborando así en perpetuar esta tradición que herdamos dos celtas e que se recuperou grazas ao traballo de Rafael López Loureiro.
Este mestre de Cedeira descubriu que o Samaín seguíase a celebrar en toda Galicia ata hai menos de trinta anos!
Axudádenos a perpetuar esta festa tan nosa e celebrádea nos vosos fogares: os nenos e nenas estarán encantados de que así o fagades.
Polo nosa banda, expoñeremos as cabazas que traian os alumnos e alumnas, realizaremos manualidades de Samaín, aprenderemos cancións, contos… Todo encamiñado a motivar e manter o interese do alumnado nesta festa.
Aquí vos deixamos algúns enlaces de interese nos que atoparedes información sobre o Samaín, xogos, debuxos e algunhas cortometraxes.
Desfrutádeos!
- Xogo para crear a una cabaza de Samaín. En: http://www.cubpack81.com/images/carve_pumpkin.swf
- Xogo de preguntas sobre o Samaín. En: http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
- A Caillou le encanta Halloween (duración: 3,22 min). En: http://www.youtube.com/watch?v=AZIbvxaknYs
- Vídeo da Danza macabra de W. Disney (ano 1929; duración: 5,30 min). En: http://www.youtube.com/watch?v=zoX_2DK1pTk
- Corto A casa encantada de W. Disney (ano 1929; duración: 7 min). En: http://www.youtube.com/watch?v=s8LiPoIpxnk
- Vídeo de Samaín de “Mamá Cabra” (duración: 3,24 min). En: http://www.youtube.com/watch?v=mStAARe1ims&feature=player_embedded
- Manualidades, tarxetas, debuxos para colorear. É unha páxina moi boa, pero está en francés (aínda así é fácil moverse por ela):
http://www.hugolescargot.com/recherche-halloween.htm
- Información sobre o Samaín:
http://es.wikipedia.org/wiki/Samhain
http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/osamain.pdf
- Páxina con información e receitas para o Samaín: http://www.lacocinadelechuza.com/2009/10/en-galicia-celebramos-el-samain-con.html
- Máis receitas: http://fenixdiamond.wordpress.com/2006/10/28/recetas-de-samain/
Cando teñamos as fotos listas podedes velas premendo na pantasma:
CURSO 2009-10
CORRELINGUA 2010 (Rianxo)
O próximo 10 de Maio imos celebrar en Rianxo o Correlingua. Virán rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria de toda a comarca do Barbanza. En total seremos máis de 2500 participantes.
Aquí tedes o programa desa xornada.
CORRELINGUA
Data: Luns 10 de maio, 2010
Lema: “Galego: a forza do noso amor”
Horarios
10:00-10:15 Hora de ir chegando. Os autobuses aparcan na explanada do peirao.
Os da ESO van colgar as pancartas á praza de Castealo e despois diríxense á praza de Rafael Dieste.(Praza da igrexa)
10:15 Os de Primaria e Infantil van para a PRAZA DE CASTELAO e a esta hora empeza a actuación de Pinto e Caruncho para EP e EI no palco da praza Castelao.
11:00 ESO sae para a carreira desde a PRAZA DE RAFAEL DIESTE
11:10 E. Infantil sae para a carreira desde a PRAZA DE CASTELAO
11:15 E. Primaria sae para a carreira desde a PRAZA DE CASTELAO
E.I. e E.P. colocan as pancartas cando cheguen da carreira á praza Castelao. (Tamén temos a posibilidade de que colguen as pancartas antes de saír para a carreira).
11:45 Lectura do manifesto na praza Castelao (todos)
12:00 Actuación de Pinto e Caruncho para a ESO na praza de Rafael Dieste
12:00 Actuación de Fantoche Baj para Infantil e Primaria na praza Castelao
13:00 Actuación do Cantalingua para ESO na praza R.Dieste
Colocación das pancartas:
ESO : Cando cheguen, colocarían a pancarta na praza Castelao e despois irían para a praza de Rafael Dieste para prepararse para a saída da carreira.
EI e EP: cando cheguen da carreira á praza Castelao.
Colócanse nunha rede, utilizando pinzas, no muro que divide o campo de abaixo do campo de arriba.
Percorridos:
ESO : Saen da praza de Rafael Dieste (Praza da Igrexa) hacia Tanxil – xogo dos bolos – Fincheira - Arcos Moldes – Rosalía de Castro – Praza de Castelao.
E.Primaria: Saen da Praza de Castelao - Rúa de abaixo - Praza de R.Dieste - Consistorio Vello – Praciña - A fonte - Río de Sima – Lavadoiro - O Adro - Rúa de Arriba - Rúa do Medio - Rúa de Abaixo e Praza de Castelao.
E. Infantil: Saen da Praza de Castelao - Rúa de abaixo - Rúa do Medio - Rúa de arriba - Rúa do medio outra vez – Praza de Castelao.
______________________________________________________________________
ORIXES DO SAMAÍN
A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como
aínda se celebra na illa de Man.
Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as
súas familias e as súas vellas casas para
quentarense ao carón do lume e comer dos
alimentos que con agarimo lles teñen preparados
os parentes.
O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas
e a súa festa á honra dos mortos, designaría o
primeiro de novembro como día de Todos os
Santos, e no século XII, ao día seguinte como día
de Defuntos.
A LENDA DA CABAZA. CATRO TEXTOS.
.
Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o
tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as
caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.
Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia.
Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa
dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai
moitos séculos que tal costume se perdeu, máis
hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha
caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu
interior unha candea que escentile pola noite.
Os celtas, antigos habitantes de terras galegas,
tiñan un grande respecto polos mortos. Nas
súas caveiras poñían unha candea para que,
ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo,
foise transformando na festa dos defuntos.
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un
costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha
candea no seu interior.
------------------------------------------------------------------------
FOTOS 07/08
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 08/09
|
Día das Letras Galegas
Este ano o D ía das Letras Galegas estará adicado a Ramón Piñeiro López do que a Real Academia Galega destaca a dedicación «total e desinteresada» da súa vida na defensa de Galicia e a súa cultura.
Os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados maioritariamente á «saudade», así como as súas traducións supuxeron un «paso decisivo» para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, indica a Academia.
Ramón Piñeiro naceu en Láncara , Lugo en 1915 e tivo grande influencia en xeracións de galeguistas, logrou, segundo a Real Academia, que o galego superarse a cualificación de lingua rural ou poética na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois de postguerra.
A RAG tamén se refire ao labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollido parcialmente nos libros Olladas no futuro, Galicia, A linguaxe e ás linguas ou |
Lembrando a Castelao, e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como «camiño fundamental para a súa realización como pobo».
Igualmente, foi impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da postguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, como a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González . Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros.
Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, ante o que a RAG cita actividades tan singulares como a colección Grial e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego da postguerra.
Igualmente, a Real Academia Galega recorda que foi elixido en 1967 como membro numerario desta propia institución, á que se incorporou cun discurso sobre a linguaxe e as linguas.
Tamén participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, cargo que ocupou ata a súa morte en Santiago en 1990. |
|