Celebramos esta festa tan enxebre propia da nosa provincia. Os rapaces e rapazas dos cole plantamos as nosas fogueiras no patio do cole e alí comimos castañas e usamos o carbón para tiznarnos uns os outros. Non quedou niguén limpo. Os maiores fixeron o seu magosto no Monte de Baronzás e alí pasárono bomba tanto no camiño de ida como o de volta. Como di a copliña... "asaron chourizos, comeron castañas e pasaron ben"
Photo album created with Web Album Generator