.XUNTA DE GALICIA PORTAL EDUCATIVO.


Índice O colexio Ciclos e áreas Actividades O entroido Enlaces
Organización
Historia
Espacios
Taboleiro

 

1. Organización

O C.E.I.P. "Rosalía de Castro" é un centro de titularidade pública sito na vila de Xinzo de Limia (Ourense), no que se imparten as etapas de Educación Infantil (2º ciclo) e os tres ciclos de Educación Primaria.  O centro ten este ano oito unidades de Educación Infantil e trece de Educación Primaria. Contamos neste curso 2007/2008 con 420 alumnos (ver distribución por cursos ) e 37 mestres (pódese acceder ó organigrama do profesorado) , e contamos con servicio de comedor e transporte escolar (cadro de localidades) . Temos xornada partida, e neste curso estudiamos a posibilidade de voltar solicitar a xornada única.

Dentro do organigrama do centro contamos cun Departamento de Orientación que é o que elabora as liñas mestras a seguir nos casos de nenos e nenas con necesidades educativas especiais, para o que confecciona un Plan de Orientación especifíco, non só para o noso centro senón tamén para todas aqueles que abarca a súa zona de influencia. Este Plan de Orientación pódese consultar aquí.

O noso centro conta tamén cunha gran variedade en relación coa procedencia do noso alumnado non español (ver cadro), o que supón unha maior dificultade á hora de motivar a eses rapaces e rapaces que teñen tradicións e costumes, e en moitos casos, unha lingua, diferentes ás nosas. Para intentar subsanar dalgún xeito este alumnado tan hetereoxéneo, a administración dotou o centro con profesorado adicado especialmente a este propósito, e estamos incluídos como centro piloto dende o curso 2005 - 2006, na aplicación do Plan PROA dentro da Comunidade Autónoma (enlace ó Plan PROA)

Índice


    2. Historia

       2.2. Galerías de fotografías

A nosa horta Claustro de profesores Grupos de alumn@s Actividades complementarias Feira etnográfica  

Índice


    3. Espacios

O noso centro conta cunha serie de espacios ben diferenciados que se sitúan así no seguinte plano. Podemos diferenciar:

  • Edificio administrativo.- É onde están ubicados os despachos de dirección, xefatura de estudios, a secretaría, sá de profesores e aseos. Nel tamén está actualmente a aula de informática, aínda que  está en proxecto trasladala a un espacio moito máis amplo e axeitado, polo que se lles dará un novo uso a este lugar que nun futuro próximo quedará valeiro.

  • Aulario Educación Primaria.- Consta de dúas alturas. Aquí se ubican as aulas de tódolos cursos de Educación Primaria e catro de Educación Infantil neste curso escolar. Ademáis está  o comedor escolar e a cociña na planta baixa. Tamén podemos atopar neste edificio as dúas aulas de inglés, a de música, unha de psicomotricidade, a nova biblioteca, a aula de pretecnoloxía, que compartirá usos como nova aula de informática e varias aulas de Pedagoxía Terapéutica, almacéns de material e aseos. Como novidade destacar que dende o curso 2005/06 procedeuse a dotar a este edificio de ascensor, para que alumnos con deficiencias físicas poidan acceder a tódolos espacios do centro dun xeito moito máis doado.

  • Aulario Educación Infantil.- Edificio de dúas plantas onde están ubicadas catro aulas desta etapa educativa, un aula de Pedagoxía Terapéutica e aseos.

  • Pavillón polideportivo e patio cuberto.- Aquí desenvólvense a maioría das clases de Educación Física debido a climatoloxía propia da nosa terra. Detrás deste edificio está a pista polideportiva, que xa dende o ano 2006 podemos disfrutar coa súa nova cuberta.

  • Vivenda do conserxe.- Espacio adicado a tal fin.

  • Patios e areeiro.- Zonas de lecer para tódolos alumnos do centro. No verán do 2005 procedeuse a unha millora dos mesmos, cunha nova pavimentación para evitar a formación dos grandes charcos como anteriormente sucedía.

Índice


     4. Taboleiro  

         

Índice