![]() |
![]() |
|||
|
Con este proxecto tratamos de conseguir a dinamización da biblioteca do colexio como centro de actividade. Con este motivo organizamos actividades que, en torno á biblioteca, lograsen que os nosos alumn@s se convertisen en “lectores voluntarios” en contraposición dos “lectores forzosos” como son a maioría deles . Eliximos, para comezar, un tema familiar, do mundo que rodea ós nen@s , no que cada ciclo poidera traballar ó seu nivel: Os avós , que nos levara tamén a un maior coñecemento e respecto desta figura. Proponse o tratamento dos seguintes contidos, aproveitando a motivación e solicitando a colaboración das familias: · Os avós nos contos, poesías… · A botica da avoa (remedios caseiros, plantas medicinais) · Xogos populares · Refráns, cantigas…
A Biblioteca ofrecerá ós profesores diversos materiais e recursos para promocionar a lectura arredor do tema elixido, incluíndo as seguintes propostas: · Exposición de libros de literatura infantil sobre o tema · Guía de lectura, coa relación de libros que se poden empregar · Carpeta de materiais: textos para traballar nos distintos niveis, propostas de actividades…
Como colofón, os alumn@s completarán un libriño con actividades sobre o tema no que se precisa o uso dos fondos da Biblioteca como recurso de búsqueda de información e, en moitas ocasións , a colaboración dos avós para responder ás preguntas.
|
![]() |
|||