A cabaceira é unha planta de follas grandes cunhas flores comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño e posúe unha cortiza dura que contén unha carne na que se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas. Soe prantarse a primeiros do verán . Necesita terrenos húmidos e un tempo quente e soporta ben as terras ácidas, por iso se da en Galicia. A cabaza pertence á familia das cucurbitáceas. Existe unha grande diversidade de especies : a cabaza pasteleira, a cabaza de San Pedro, a cabaza da India... En Galicia a máis común e a "Cucurbita Pepo" ou cabaza común. Os usos desta especie son moi variados, sendo a principal a mantenza do gando. En moitas zonas de Galicia tamén se usa para o consumo humano, facendo doces e potaxes.Tamén se empregan as pebidas secas e salgadas. Da súa cortiza pode extraerse tamén un aceite vexetal.
¿Como son as follas da cabaceira?
As suas flores son de cor....
Como se chaman as sementes da cabaceira?
As cabazas soen prantarse ....
Necesitan terreos...
A cabaceira pertence á familia das ..
Existen diferentes variedades pero en Galicia a máis común é a
A cabaza úsase principalmente para ...
En moitas zonas tamén se usa para o consumo humano facendo...