A lenda da cabaza                       

 

             Hai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, a quen lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e fixo un pacto co demo. O pacto, segundo contan, consistía en que o  demo non permitiría que fose ó inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais, chegoulle a súa  hora. No ceo non o deixaron entrar: non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro, no inferno o demo cumpliu a súa parte do trato e non o deixou  pasar. Pero deulle  a Jack unha linterna, unha peculiar linterna en compensación por todo o mal causado. Esta linterna consistía nun nabo valeiro cun carbón que estaría acendido para sempre. E dende entón cóntase  que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack  o da linterna) vaga polo  mundo coa súa linterna en busca dun lugar onde descansar.            

      

           A linterna estaba feita  de nabo, entón... ¿de onde veñen  as cabazas? Cando chegaron a América os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tan a tradición do nabo, pero atoparon as cabazas. Éstas ofrecían mellores características que o  nabo: en primeiro  lugar eranis grandes e era máis sinxelo  introducir unha vela acesa dentro,  dando máis luz; en segundo lugar   eran  máis vistosas ó seren talladas.