O Samaín

Quiz

O Samaín

Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses que representaban tanto ás forzas da natureza como ás condicións do espíritu.
O igual que outros pobos, os Celtas consideraban que o que posuíse unha caveira dun inimigo, posuiría tamén a forza máxica da sua pantasma.
A festa do Samaín era a data máis perigosa do calendario celta, pois os mortais podían pasar a formar parte do mundo dos mortos por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín, nas noites longas e escuras, os Celtas colocaban velas no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nos cruces dos camiños, nos arredores e nos muros dos castros, co obxecto de arrepiar os inimigos e para esconxurar os perigos.
A festa do Halloween, que se celebra a noite do dia 31 de Outubro, está intimamente vencellada á nosa tradición. O mundo británico soubo espallar polo planeta esta tradición, convertíndoa nun clásico para a diversión do mundo infantil.
No Halloween, coñecido como festa de bruxas, os nenos tallan caveiras nas cortizas das cabazas e preparan disfraces onde os motivos recurrentes son a morte, as meigas e os monstros.
Non se trata, pois, de comparar o Samaín como unha copia do Halloween, nin viceversa: as dúas celebracións son similares e arrancan das raíces culturais que noutro tempo coincidían no pobo galego e británico.