
Érase unha vez un neno que non tiña amigos porque era negro e ninguén o quería. Cando ía ó colexio levaba o semblante triste e andaba sempre coa cabeza gacha e polas esquinas dos patios. Na clase estaba máis a gusto, xa que cada un tiña o seu pupitre, pero ó saír ó recreo.. .pasábao mal pois os outros nenos non querían xogar con el...
Tódalas noites, na cama, preguntábase por que non querían ser seus amigos e xogar con el nos patios do colexio...El non o comprendía e choraba en silencio...Tanto choraba que coas súas bagoas mollaba a almofada...
Despois dun longo anaco matinando...quedábase durmido e alí, entre os soños, si que se sentía ben...Tiña unha morea de amigos e non tiña tempo de aburrirse...Alí atopou o seu grande amigo Fair, un neno saharahui que era o mago de máis sona naqueles fermosos lugares. El foi quen lle ensinou unha chea de trucos, que cando os realizaba, a xente quedaba coa boca aberta...
Alí, tamén coñeceu lugares que nunca podería imaxinar que existiran na realidade: paisaxes fermosísimas, dunas, lagoas, bosques con árbores tan altas que chegaban as nubes...xentes e animais de variados aspectos e formas...Pero o que máis lle chamou a atención foi o ben que se levaban entre eles: persoas, animais e plantas convivían en harmonía e paz....
Nos soños atopaba a felicidade, pero ó espertar, unha nube negra cubría o seu rostro e parece que se facía invisible ante os demais...Dito doutro xeito: ¡Ignorábano!
Un día, cando menos o esperaba, a profe de educación física, díxolles que ese ano o colexio ía participar nas actividades do deporte escolar e que tiñan que ir anotándose ó que querían xogar...El, nun principio, non pensaba participar en nada, pero logo pensouno mellor e decidiu anotarse a bádminton. O bádminton sempre lle gustara e xogaba bastante ben polo que a profe escolleuno para as probas individuais e logo para as probas de dobres...
Grazas a esta actividade coñeceu á que sería a súa amiga máis íntima, Andrea, unha nena doce e boa persoa...¡Agora esta encantado! Sabe que a tolerancia e a amizade non se dan por arte de maxia, como lle acontecía nos soños...Pero todos/as temos que por algo da nosa parte....Unha persoa sen amigos, é coma unha árbore sen follas.
Gabriel Fernández Canossa, 5º