![]()
|
Érase unha vez un trasno que ía de casa en casa, de pobo en pobo contando contos. Un día encontrouse un contacontos coma el chamado Anxo e foron os dous xuntos contando contos moi divertidos e solidarios por miles de lugares. Anxo e Pepe, o trasno, andaron moito polo mundo adiante e ás veces atopábanse con xente que maltrataba a outra;con nenos e nenas que eran escravizados por persoas maiores;con xente que morría de fame e tamén visitaron moitos países que estaban en guerra…. |
|
-¿Por qué na vida hai guerras se o mellor é vivir nun mundo en paz?, dixo o contacontos Anxo.
Un mal día, Anxo púxose moi malo e Pepe non sabía que facer nin onde ir, porque non coñecía a ningún médico, e o mais seguro era, que no lugar onde estaban, non houbera nalgún, polo que decidiu preguntar a unhas persoas, por xestos, xa que falaban nunha lingua que Pepe non entendía, nin eles entendían a Pepe, onde podería atopar remedio aos males de Anxo…Aquelas persoas comunicáronlle.que nunha cabaña preto da montaña vivía un sabio curandeiro chamado Oaka. Pepe foi na súa procura o máis axiña que puido mentres o seu amigo Anxo quedaba coidado pola xente do lugar, deitado nunha estera, dentro dunha cabaña…
Despois de camiñar unhas dúas horas, Pepe deu co curandeiro Oaka a quen lle contou o seu problema. Oaka adiviñou o que Pepe lle quería contar, xa moito antes de que llo contara ,e metendo no seu morral unhas herbas, puxéronse de novo ó camiño de volta..
Cando chegaron, Anxo deliraba coa febre e Oaka ó ver so seu estado fixo un preparado de herbas curativas que llas deu a mastigar a Anxo. Pasado un tempo, non moi longo, Anxo deixa de delirar e pregunta onde se atopa e quen é aquela xente que está á súa beira. Pepe dálle unha aperta e preséntalle a Oaka e ós demais…Todos se alegran de que Anxo curara
O mago Oaka díxolle a Anxo e a Pepe que na súa mente xa os coñecía desde facía tempo e que seguiran polos colexios e pobos do mundo contando contos que era unha das mellores medicinas que lle podían dar a moitos nenos e nenas.
. Un día, Anxo, foi contratado polo concello de Toén para que contara contos solidarios e tolerantes aos nenos e nenas do colexio de Toén. Foi aquí onde coñecemos Ó Carballo con botas . Á Estrela Salgadiña, Ás Árbores Tolerantes, Ás Bágoas da Paz., A Vicentiño…
- Aitor Martinez Varela, 5º curso