MELCHOR, GASPAR E BALTASAR,
REIS MAGOS DE ORIENTE
Queridos Reis Magos:
Este ano porteime moi ben, (neste punto a miña nai e eu non estamos de acordo), Por iso quero pedirvos un desexo moi, pero que moi importante:
Nestes días entereime no colexio de que no mundo hai nenos e nenas que non teñen de nada, que por non ter non teñen nin nome. Eu quero axudarlles a que cambie a súa situación ... veredes, desexo que carguedes os vosos camelos con sacos de nomes para eles.

E xa postos a pedir: comida suficiente, para que non pasen fame, roupa de abrigo para que non pasen frío, medicamentos para que se curen cando estean
enfermos, escolas e mestres para que aprendan tanto coma min e unha familia
que os protexa e os queira.
Un bico e unha aperta de
Carola
(Carola Álvarez. 8 anos)