![]()
Érase unha vez un pobo de Venezuela moi pobre, no que vivían moitos nenos e nenas nunhas casas de madeira e chapa.
No inverno chovera moito, os ríos levaban moita auga e as súas casas marcharon río abaixo. Moitos nenos quedáronse sen o pouco que tiñan.
Nun pobo de Galicia, preto de Ourense uns nenos escoitaran as tristes noticias, ó día seguinte no colexio reuníronse para decidir como axudarlles. Cada rapaz acollería a un destes nenos na súa casa, ata que lles arranxasen as súas casas .
|
Cando chegaron os rapaces quedaron uns tres meses enteiros. Aprendemos moitas cousas xuntos, pero sobre todo a convivir. As cousas no seu país melloraron moito e chegou o momento de marchar. Todos xuntos acordamos que no verán viaxariamos nós a velos e a nosa amizade duraría para sempre. |
|
Carolina Álvarez - 8 anos