![]()
28 de Novembro
Son Hamet, teño doce anos e son negro. Nacín nunha aldea de Burkina na África Subsahariana. Alí non hai nada: non hai auga, non hai alimentos, non hai progreso, está todo estancado no pasado, sen luz eléctrica, estradas coches ... Alí só hai fame, medo e pobreza. Guerra e enfermidade.
Miña nai mais eu decidimos irnos cara Europa.
- Oh! París, Santiago de Compostela, Bruxelas, Londres ... (Soña mamá)
16 de Decembro
Miña nai mais eu collemos un autobús (1300 Km ata Adrar)
Imos como mínimo 20 persoas.
Unha roda pincha, temos que proseguir a viaxe andando.
Moitos morren de sede, de fame e de frío (pola noite fai moito).
27 de Decembro
Por fin chegamos!
Estamos a busca de alguén, que nos poida pasar.
10 de Marzo:
Encontramos a unha persoa, pero hai un problema, non temos diñeiro para os ous. Miña nai queda. A despedida fíreme profundamente o corazón. Pagará a pena?
16 de Marzo:
Na barca vai frío e o temporal é moi forte. Imos 27 persoas na patera, aínda que estamos moi apertados e xuntos, ninguén fala.
17 de Marzo:
Cheguei, non teño cartos, teño fame ... estou só...
(Noel Álvarez. 11 anos)