![]()
Chámome Efrén e, para os que non me coñecedes, direivos que son un esquío. Son un esquío especial e diferente dos demais, porque o que máis me gusta é estar entre os nen@s. Vouvos contar como descubrín esta afición.
“Eu vivía no bosque cos meus compañeiros e compañeiras e comía o que comen tódolos esquíos : belotas, abelás, piñóns... As veces ata faciamos competicións e eu era o campión limpando piñas: ¡en menos de dous minutos podía deixar unha piña totalmente limpa!...Pero..sigamos coa historia...Un día houbo un incendio no meu bosque e tivemos que fuxir. Cando voltamos, vimos que non quedara nada, nin árbores, nin setas, nin brotes...¡ As miñas reservas para o inverno tamén desapareceran co lume!. Esperemos que as que deixei enterradas debaixo do piñeiro broten e dentro dun tempo medre unha nogueira, ou un carballo ou... varios, porque ¡tiña gardada unha pila de froitas....!
Bueno, como vos ía dicindo, tiven que fuxir e buscar comida e... despois de moito buscar, atopei unhas nogueiras cheíñas de noces grandes coma puños. O malo era que estaban moi cerca dunha casa moi grande e cunha verxa todo o redor. Púxenme a comer e... debín de quedar durmido porque... pola mañá espertei co ruído de voces: eran unha chea de nenos e nenas que corrían e xogaban. Chegaran en autobús e máis tarde chegaron outros autobuses con máis nen@s ¿Que farían alí?... Ata que me din conta...
Todos levaban mochilas .... aquel sitio era...¡un colexio!
Quedei agochado entre as polas da nogueira para ver que facían. A media mañá saíron outra vez e vin como uns _os máis pequerrechos_ xogaban coas pas e os caldeiros, outros xogaban ó balón e ó pilla e outros ó baloncesto e ó fútbol. ¡Que diver!
A partir dese día quedei a vivir na nogueira ¡Era como ter cine na casa! Os nen@s non me vían pero eu pasábao “chupi-guai”. ¡Ás veces ata xogaba con eles!
Ata que chegou o outono e a nogueira empezou a quedarse sen follas. ¡Facía un frío! Cando xa tiña as maletas preparadas para irme, os nenos e os “profes” elixíronme como mascota do colexio para que os axudara a descubrir ós que non respectan o Medio ambiente e non respectan ás persoas diferentes, e dende aquela son os meus amig@s.
|
|
¡Ata puxeron unha foto miña na entrada! E estoulles axudando a facer a páxina Web... Invítovos a vir á miña nova casa: o Cole de Toén para que coñezades ós meus amig@s, |