UNHA NOVA VIDA

Só estaban ela e súa nai. A súa vida era moi triste, todos os seus familiares morreran, non podía esquecer ao seu pai e a súa nai tampouco podía … Todo lles resultaba moi complicado: non tiñan casa, nin con que alimentarse e por riba non coñecían a ninguén. Estaban soas… Seu pai fora quen decidira virse para España dende Perú.

¡Todo parecía tan bonito visto desde alá!¡a súa sorte ía mellorar!. Pero a morte de seu pai non axudara nada. Tiñan que buscar a súa familia galega, pero por onde empezar?. Súa nai ía de lugar en lugar preguntando, buscando traballo e a nena ía con ela sempre, agachada detrás esperando ter mais sorte a próxima vez.

No mes de novembro ocorreu algo, que non esquecerei, era o día 28, miña nai parecía mais nova, estaba sorrinte. Rapidamente me din conta de que non estabamos soas. Viña de atopar ás súas curmáns que levaban tempo buscándonos. O reencontro foi moi alegre. Elas vivían nunha aldea preto de alí e tiñan un pequeno negocio no que a miña nai podía traballar.¡As nosas vidas só podían mellorar!.

Empecei a ir a miña  nova escola preto da aldea, fixen moitos amigos, recibíronme moi ben. Levo aprendido moitas cousas, gústame este lugar a pesar do frío. Non esquecín ao meu pai nin a miña familia peruana, pero volvo a ser feliz.

                                             (Jessica Itati Arce. 8 anos)