![]()
-¡Ela, ven que imos xogar!
-¿Queres vir xogar con nós, Ela?
-¡Ela, deixa de molestar!
-Onte fun con Lucía, con Antía e con Ela ao cine...
-Vos non sabedes como se pasa de mal cando non tes nome...”Ela”...”Ela”, pode ser un nome?...
“Ela” é unha calquera...Eu non quero ser unha calquera. Quero ter o meu nome , coma ti, coma ela...coma el...
¡Quero ter un nome! ¡Quero ter un nome!- Berraba polas mañás á saída do sol e polas tarde ao solpor...
A xente que a sentía berrar dicíalle que non se preocupara que lle ían buscar un nome bonito, pero só era unha farsa para que lle axudara nalgunha tarefa da casa...
Despois de pasar moito tempo e sen poder conseguir un nome, certo día, cansa de preguntarlle á xente e estando lendo un libro, ocorréuselle a idea de buscar nalgún libro algún nome bonito...
-Si, serei eu quen me poña un nome bonito, pois dinme de conta que á xente non lle interesaba que eu tivera un nome, unha identidade... así pensa que son máis manexable...
-Ollei varios libros, pero non atopei ningún que me gustara moito, polo que véuseme á cabeza unha idea: Eu quero ter un nome que comece por “P”...Si, chamareime...PAZ. ¡Que bonito, Paz, Paz, Paz...!.
¡Nena Paz!!!.
-Marta Araújo Lorenzo, 5º-