![]()
Este era un colexio no medio do monte, nun bosque cheíño de lobos, coellos e de xabarís onde nos días de escola se oían ademais do canto dos paxaros os berros dos nenos e das nenas xogando.
Neste colexio plantaban todo tipo de árbores: carballos, castiñeiros, sobreiras e ata unha laranxeira Cada neno tiña unha ao seu coidado. Ninguén se esquecía nunca de regala, coidala e vela medrar.
Tres amigas que sempre andaban xuntas argallaron a que sería a mellor experiencia que realizarían, da que nunca se esquecerían.
Xuntáronse cos compañeiros do colexio e decidiron plantar palabras e desexos fermosos, fixeron grupos e foron saíndo palabras que foron sementando na patio de abaixo :
AMOR
CONFIANZA
RESPECTO
PAZ
CORAZÓN
TOLERANCIA
SOLIDARIEDADE ...
O resultado foi moi esperanzador, porque aos poucos días as sementiñas empezaban a agromar na terra, e pouco a pouco as plantas ían medrando co mimo e o agarimo das tres rapazas e a colaboración desinteresada dos compañeiros.
(Jennifer López. 9 anos)