Todas as xirafas teñen o pescozo longo

 

            Todos sabemos o que é un fisgón, o que outros chaman un chismoso, ou un mirón e algúns incluso metome-en-todo

                Nun monte, non moi lonxe de aquí, vivía unha xirafa que viñera de África coa esperanza de traballar nun circo, porque lle dixeran que nese traballo nunca se pasaba fame, durmíase ó quente e, por enriba, o público aplaudía .

    

      Pero as cousas non ocurriron así. Os veciños, ao verlle o pescozo tan longo, non querían saber nada dela porque pensaban que con aqueles ollos aló arriba, por forza había de ser unha fisgona e había saber todo canto facían.

 

-          Con ese pescozo, seguro  que se entera de todo e cóntao._dixo a burra, que era un dos animais que mais manía lle tiña, porque pensaba que lle ía roubar os pastos.

 A pobre xirafa estaba triste e soa, espurrucando con desgana as polas das árbores e recordando a súa terra, aló en África, onde tan feliz fora de cativa.

        Pero o tempo pasou, chegou o inverno, veu a neve e todo o monte se cubriu cun espeso manto branco.

        Os animais apenas atopaban comida. A neve seguía caendo. E chegou un momento en que, por máis que escarvaban, non   atopaban nada que levar a boca.

        Entón, lembráronse daquela veciña que viñera de África e do seu longo pescozo e decidiron falar con ela. Incluso a burra, que  tivera descendencia uns días antes, esquecéndose das antigas disputas, uniuse ó resto dos animais para pedirlle a xirafa  que lles arrincase unhas poliñas para ir matando a fame.

        A xirafa, que non era rancorosa, estirou contenta o seu longo pescozo e arrincou pólas  e ata algún froito para todos os animais.

        E así foi como os outros animais a aceptaron entre eles, como unha mais, e aprenderon a apreciar as virtudes do longo pescozo das xirafas.

 

                                       (Conto colectivo dos alumn@s de 1º Ciclo )