A Festa da Primavera

Coma en anos anteriores, celebramos a festa dos maios, coa elaboración dun maio enxebre, colaboramos todos na súa realización e quedounos así de ben. Se queres ver as nosas coplas atoparalas incluídas no noso xornal "Cataventos".

A primavera chegou

e o noso ánimo cambiou.

Mirade o que en nós obrou...

 

Coser o musgo ao saco foi doado

Nós adornámolo con moito gusto

Empregamos: Pampillos, margaridas, fopas, calas, carqueixas e ovos.

Cantamos as nosas coplas

Para os mais pequenos, Efrén foi o protagonista

Rematamos co canto do Cuco.