A biblioteca está situada nunha ampla sala, que tamén se emprega coma sala de Medios Audiovisuais. En xuño do 2003 conta con7.022 volumes dos que 1.634 pertencen á Biblioteca de Profesores, 46 á Informática,122 á Biblioteca Galega, 82 á Biblioteca Barrié e 860 están descatalogados. Os restantes son da Biblioteca de alumnos.
A Biblioteca conta ademais con 246 vídeos de distinta temática.

Funciona de martes a venres en horario de 16:00 a 18:15 horas, con servicio de préstamo e orientación. Está atendida por dous profesores que se encargan de entregar e recolle-los libros e orientar ós alumnos sobre os libros que lles interesan.
Durante o curso 1999-2000 se leron 738 libros. Destes, 97 en galego (o que representa un 13%) e 94 en inglés (un 12%).
O número de libros lidos por alumno, en relación o número total de alumnos do centro e de 3,41 libros/alumno.
O número de libros lidos por nivel é o seguinte:
Á hora de valorar estes datos, debemos ter en conta que existen e funcionan as bibliotecas de aula e elo lle resta lectores á biblioteca do Centro.
Na actualidade a Biblioteca está en fase de remodelación