Actividades complementarias

Voz Natura

 

 

 

 

 

 

Patinaxe sobre xeo

 

 

 

 

 

Conmemoración do Día da Paz

 

dia da paz

 

Tódolos alumnos e mestres do Colexio saíron ó patio principal cos seus correspondentes distintivos para cantar Hijo del hombre de Phil Collins. Realizáronse outras moitas actividades, coma a pomba da fotografía, a súas plumas foron feitas coas siluetas das mans de tódolos rapaces do Colexio.

Entroido

entroido 2000

Celebrouse esta festa baixo a denominación de histórico, xa que cada nivel disfrazouse dunha época da Historia. O desfile ó que asistiron numerosos pais/nais, efectuouse no patio do Colexio ó ritmo de melodías que nos transportaban a cada unha destas épocas: A Prehistoria, Roma, Exipto, Alta Idade Media, Baixa Idade Media e actual.

                  

Letras Galegas

letras galegas 2000

Ademais das actividades de aula, o equipo de Normalización Lingüística en colaboración co Claustro de Profesores organizou a I Semana Cultural. Desenvolveuse na biblioteca do Colexio e contou fundamentalmente con dúas seccións: exposicións e recopilacións. Dentro da primeira destacaron: pitos, asubíos e chifres de diferentes países, numerosos instrumentos musicais realizados polos alumnos na clase de Música e obxectos e trebellos antigos de uso cotián. Entre as recopilacións atopamos as referidas ó autor homenaxeado, música tradicional, xogos de antes, roupas ,festas, feiras, romarías, maios, ditos e adiviñas..... Dada a fluencia de público, a biblioteca permaneceu aberta a visitas ata o día 31 de maio.

letras galegas 2000

Contouse tamén cunha mostra de literatura infantil e unha representación teatral para os máis pequenos.

Ademáis, o gaiteiro do grupo folk Luar na Lubre, Bieito Romero, ofreceu unha audición para todo o alumnado do Centro.

Convivencia en Gandarío

Tomaron parte tódolos alumnos de Primaria distribuídos cada día por niveis ou ciclos.

Ó longo das xornadas, desde as 9:00 da mañá ata as 20:00 horas, desenvolvéronse diferentes actividades coordinadas e supervisdas por profesores e pais/nais.

convivencias en Gandario

Tódolos participantes ían distribuídos en grupos para vixiar e tomar parte nas estacións ás horas determinadas. Estas constaban de: tendas de campaña, aros ? conos e discos, paracaídas, xoga-tira, pelotas xigantes, zancos, tirolina, ponte, pista de rastreo/balizas, sacos, etc.

Gandarío

Antes de xantar foise a praia. Ademais de xogar na auga e bañarse, na area xogouse á corda hawaina, carreiras de relevos, castelos, busca de pelotiñas, etc.

praia Gandarío

Os xogos continuaron pola tarde ata a hora de merendar. Finalmente desmontáronse as tendas e recolleuse o material. ¡Foi moi divertido, aínda que houbo que soportar unha temperatura de 38° C!

O Magosto

Conmemorouse esta festa con exposición de traballos de tódolos cursos no vestíbulo do Colexio durante a semana do 23 ó 26.

O día 26 tódolos alumnos do Centro saíron ó patio ás 12:00 horas para participar nas xornadas de xogos organizadas co gallo da celebración (carreiras de sacos, de culleres na boca con castaña, etc.).

Seguidamente coméronse as castañas que durante toda a mañá foron asadas no Centro, acompañadas de refrescos, agasallo do Colexio, todo elo amenizado con música tradicional.

                   

Nadal

               

Para este día organizouse unha representación teatral a cargo dos alumnos de 3ºA. A obra representada foi unha adaptación dunha de G. Rodari chamada Alarma no nacemento. A continuación tódolos niveis interpretaron cadansúa panxoliña:

O 1º Ciclo realizou un nacemento en arxila que presidiu desde o 11 de decembro a exposición de postais dos alumnos.

Tódalas portas das clases foron decoradas segundo o acordo tomado na xuntanza do Equipo de Normalización Lingüística.

Día da Paz

Ademais das actividades de aula, cada curso elixiu unha palabra fermosa que escribiu e decorou nunha pomba de cartulina. A suma de todas elas foi PAZ.

Tamén se realizaron murais xigantes con diferentes técnicas presidindo distintos espacios do Centro. Todas estas actividades desenvolvéronse na semana anterior ó día adicado á Paz.

día da paz 2001

O día 30 ás 12 horas tódolos alumnos saíron ó patio con cadanseu distintivo, dispoñéndose en cadrado para cantar a canción de La Muralla de Nicolás Guillén. Tamén se disfrutou da audición de outros temas musicais de contido pacifista e de convivencia.

Exposición exhibición da Garda Civil

A Benemérita fixo un despregue de medios no noso Centro que foi a ledicia e admiración dos rapaces que subiron e baixaron por onde quixeron.

A exposición contou co helicóptero, balsa e aparellos dos GEAS, laboratorio da policía xudicial, motos e coches da Garda Civil de Tráfico, coche, motos e laboratorio do SEPRONA.

A 1ª. exhibición correu a cargo dun can que atopou en cuestión de segundos a unha rapaza acochada, tras uli-la súa cazadora . Na 2ª o can identificou unha maleta que agachaba un explosivo. Finalmente realizouse unha detección mecánica dos mesmos.

O Ideal Gallego adicou a esta xornada unha das súas páxinas o día 13.

Entroido

Denominouse esta ano Pobos que perduran, que perduran no tempo, no recordo, nos costumes... As seis comparsas participantes no desfile representaron diferentes pobos do mundo: Pigmeos, Chineses, Maias, Indios, Mexicanos, Esquimós e Aztecas.

A música, perfectamente seleccionada, estaba en total simbiose coa coreografía e o vestiario.

Moitos foron os asistentes, que o pasaron ben e aplaudiron sen parar. Mesmo o tempo aliaouse coa festa pudiendo disfrutar, no inverno máis chuvioso das últimas décadas, dun espléndido día primaveral.

O xornal El Ideal Gallego agasallounos reflectindo nas súas páxinas , o día 24, a celebración.

Visitas culturais ofertadas polo Excmo. Concello de A Coruña

Das visitas programadas realizáronse as seguintes:

Outras visitas


 
[voltar a páxina principal]