Actividades extraescolares

Ballet Baile rexional Voleibol
Jazz-Dance Cantareira Patinaxe
Teatro Gaita Xogos

Ballet

Esta actividade leva funcionando no colexio dende o ano 1.995. Os seus obxectivos principias son desenvolve-la psicomotricidade, o ritmo e a coordinación.

A súa profesora é Dna. Verónica, que conta na actualidade con 10 alumnas.

Dentro das súas actuacións destacan a do Fórum Metropolitano de A Coruña e a de A Sociedade Cultural de Sada.

Jazz-Dance

A profesora é a mesma de Ballet. Conta con 27 alumnos.

Entre as súas actuacións é de salientar a do Teatro Rosalía de A Coruña

Teatro

A profesora é Dna. Mª. José Meléndez. Conta con 9 alumnos.

Baile Rexional

A profesora é Dna. María Facorro. É a actividade máis antiga e a de máis sona do colexio. Comezou no ano 1.980, coa inauguración do Colexio, participando xa desde ese momento un gran número de alumnos.

O obxectivo desta actividade é coñecer e divulgar o noso folclore e os nosos costumes.

Neste curso cóntase con 70 alumnos distribuídos da seguinte maneira: dous grupos con idades comprendidas entre 3 e 8 anos, dous de 9 a 14 e outros dous máis de ex-alumnos: Grupo ACENDALLA e Grupo BULIDEIRO, que se formaron no ano 1.988 para dar continuidade ó traballo que levaban realizando dende pequenos.

Ó longo de todos estes anos participaron en múltiples actos, tales coma:

Cantareira

A profesora é Dna. Eva López. Ven funcionando esta actividade dende o ano 1.995 e conta con dúas seccións, unha de 8 alumnos/as e outra de 12 ex-alumnos. Dentro do seu historial hai que destacar dous primeiros premios e un terceiro conseguidos no Concurso de Música Tradicional organizado por Xacarandaina no Teatro Colón.

Gaita

Profesor D. Jorge López. É unha actividade que se implantou no curso 1.995-96

Voleibol

O Voleibol comezou a súa andadura neste Colexio no curso 1.995-96. Isto foi posible gracias ó traballo levado a cabo por dous licenciados en Educación Física: Dna. María Roca Moro e D. Alejandro José Fontán Taracido.

O obxectivo principal é que os alumnos/as se divirtan e ó mesmo tempo aprendan a xogar ó voleibol.

O curso 1.999-00 participouse con dous equipos: un Benxamín e outro Alevín, na Competición Federada organizada polo Deporte Escolar. O equipo Benxamín proclamouse campión de A Coruña.

No curso 2.000-01 contou cun equipo Alevín formado por 17 alumnos/as. Cabe destacar que dos 9 equipos alevíns inscritos na competición federada, foi o único que de forma continuada compitiu con 12 xogadores en cada partido.

Patinaxe

A profesor encargado desta actividade é:  Conta con dous grupos: un de 13 alumnos/as con idades comprendidas entre 4 e 7 anos, que son os que comezan por primeira vez esta actividade, e outro de 17 alumnos/as do 2° e 3° Ciclos de E. Primaria, que xa tiveron contacto con este deporte en cursos anteriores.

O obxectivo principal desta actividade é introducir ós nenos na práctica do deporte da patinaxe, desenvolvendo tódalas calidades e capacidades físicas, así coma a socialización e diversión.

Xogos

O profesor é D. Alejandro José Fontán Taracido. Conta cun grupo de 15 alumnos/as de 4 e 5 anos.

Un dos obxectivos é valora-la actividade física do propio corpo coma un medio para divertirse, de sentirse a gusto consigo mesmo e cos demais.


 

[voltar a páxina principal]