|
http://www.google.com Google é un dos buscadores máis potentes da rede. Empregando unha interface moi simple permita acceder a unha das bases de datos de páxinas máis completas e actualizadas. No enlace de Preferences podemos seleccionar idioma castelan para as nosas busquedas e o interface da páxina. Dispón alternativamente de organización en directorio.
http://es.yahoo.com Un dos primeiros buscadores da rede que organiza os seus contidos cun sistema de directorios. Na actualidades converteuse nun portal con noticias e servicios. Versión en castelan. http://www.ozu.es Outro pioneiro dos buscadores, neste caso en España. http://www.enxebre.com Enxebre é un buscador temático galego con directorio de contidos. http://www.lycos.es Lycos en castelan, dispón dun potente servicio de busqueda. Destaca un eficiente sistema para atopar arquivos en servidores de FTP anonimo. http://www.telepolis.com Telépolis é unha guía de recursos españois de uso sinxelo pra principiantes. Tamén e un portal e comunidade virtual con moitos servicios para os navegantes. http://www.ciudadfutura.com outra comunidade virtual hispana con moitos servicios. http://merlin.dicoruna.es Merlín é o servicio de directorio temático da Diputación de A Coruña. Dispón de buscador. http://www.alltheweb.com Fast é posiblemente o buscador da rede con máis páxinas indexadas ( 300 millons de páxinas ). http://dmoz.org DMOZ presenta contidos nun sistema de directorio editado por voluntarios cun sistema de busca. Dispón de versión e contidos hispanos. http://www.es.voila.com Voila é un servicio de buscadores temáticos europeos, enlace ca versión española. http://www.biwe.es Biwe é un motor español de busqueda que permite buscas de contidos especializados. http://www.hispavista.com Hispavista, clásica combinación de motor de busca e directorio de contidos. http://www.astrolabio.net Astrolabio é un portal adicado a comunidade latinoamericana, inclue un sinxelo sistema de busca e servicios varios para o internauta. http://www.ehola.com Portal latinoamericano con servicios varios é sistema de busca. http://www.terra.es Terra, portal é buscador do grupo Telefónica. http://elindice.com sinxela ferramenta de busca, inclue noticias relacionadas co tema da busca. http://www.metacrawler.com Metacrawler e un multibuscador para facer buscas simultaneas dun mismo concepto en varios buscadores e índices. http://www.metabusca.com É un completo multibuscador español. http://www.buscopio.com Buscopio é un servicio español, permiteno-lo acceso a 3.200 motores de busca a nivel mundial divididos en ambitos xeográficos, temáticos, especiais, etc... http://www.fossick.com Fossick é un servicio de orientación para atopar buscadores de caracter temático. http://officialsearch.com Directorio e buscador de páxinas oficiais de empresas, entidades, marcas e celebridades. |
Un buscador é unha páxina especializada en atopar contidos na rede. Atoparemos dous grandes tipos de buscadores, os que dispoñen dun sistema propio de busca máis ou menos sofisticado e potente que recorre a rede mediante uns programas coñecidos por robots de busca e indexa os contidos que atopa como fai Google por exemplo. O outro tipo e o buscador que elabora os seus contidos polos creadores de páxinas que as dan de alta no seu índice, de maneira que o elaboran nunha típica estructura coñecida por directorio coma Yahoo, ainda que os outros tamen poden ofrece-los seus contidos coma directorios de xeito alternativo.
Os portais son páxinas que empregan xeralmente unha estructura de directorio para presenta-los seus contidos e ofrecen servicios de valor engadido para o internauta coma correo, aloxamento de páxinas gratuito, noticias, e información de toda clase. Existen portais xeneralistas e portais verticais especificamente adicados a un tema. Debemos ter certo espíritu crítico con algúns portais temáticos xa que os seus contidos poden encubrir publicidade en favor de certas marcas, compañías ou productos sen ofrecer alternativas contrastadas. As comunidades virtuais son portais especializados en aloxar páxinas persoais multitemáticas con servicios gratuitos para as páxinas coma contadores, sistemas de xestión de bases de datos para web, CGI e outros servicios. Desta maneira dispoñen de contidos que de outra maneira precisarían gran cantidade de persoal. Evidentemente a calidade dos contidos e moi variable. |