Informática e Internet

Software : shareware, freeware, actualizacións

http://www.tucows.com Tucows permite atopar programas para caseque todolos sistemas operativos organizados por areas.
 
http://www.download.com Download.com, outro clásico para atopar shareware e freeware.
 
http://www.winfiles.com Winfiles, ademais das tradicionais descargas de utilidades podemos atopar drivers para todalas versións de Windows.
 
http://members.es.tripod.de/softgratis páxina en castelan con enlaces a programas freeware para windows.
 
http://freshmeat.net Freshmeat e o mellor lugar para atopar software para os sistemas libres, especialmente GNU/Linux.
 

Escritorio

http://www.desktopcollector.com Desktop Collector, nesta páxina podemos atopar centos de wallpaper, bonitos fondos para decora-lo noso escritorio agrupados por temas.
 
http://www.top100screensaver.com Salvapantallas para windows clasificados por temas.
 
http://www.themes.org Themes.Org e un dos sitios con máis temas de escritorio para Windows, Mac, Linux, etc...
 
http://www.iconfactory.com centos de iconos para o noso escritorio.
 
http://www.themeworld.com escritorios, salvapantallas, iconos, etc...
 

Seguridade e virus

http://www.kriptopolis.com Kriptopolis e unha reputada páxina independente en castelan sobre o mundo da seguridade e privacidade persoal na rede. Ofrecenos múltiples e interesantísimos artigos e a posibilidade de suscribirnos gratuitamente o seu boletín diario de seguridade.
 
http://www.hispasec.com Hispasec e unha páxina en castelan con información diaria sobre a aparición de novos virus e fallos de seguridade nos sistemas operativos máis habituais.
 
http://antivirus.cai.com Inoculate IT, versión freeware do antivirus de Computer Associates inclue actualización semanais da base de datos de virus, etc...
 
http://www.free-av.com AntiVir Personal Edition e outro interesante antivirus freeware.
 
http://www.avp-es.com AVP en castelan. Ainda que a versión gratuita do prestixiosísimo antivirus do señor Kapersky so serve pra detectar e non limpa os virus ( para eso temos que adquiri-la versión comercial ) e un complemento ideal pola sua extensísima base de virus que poderemos actualizar semanalmente de balde na versión gratuita.
 
http://www.pandasoftware.com o famoso antivirus da empresa española Panda. A versión gratuita non ten posibilidade de actualización.
 

Outros

http://www.internautas.org Asociación de Internautas, defensora da Tarifa Plana e dereitos dos usuarios españois. Consultorio legal sobre comunicacións, artigos...
 
http://www.aui.es Asociación de Usuarios de Internet, actividades, estadísticas do uso da rede, etc...
 
http://www.tomshardware.com Tom's Hardware Guide é unha das mellores guias de hardware da rede. Comparativas, artigos técnicos... en inglés.
Descripción dalgúns termos
 
O software que podemos atopar na rede podese dividir en varios tipos : propietario, shareware, freeware e libre. O software propietario e de pago, podemos encargalo na rede e recibilo na casa ou recibir unha password ou contraseña para descargalo o noso ordenador.
 
O shareware e tamén propietario pero podese baixar unha versión totalmente funcional que xeralmente caduca en certo tempo, se queremos seguir empregando este software trala sua caducidade temos que pagar, xeralmente unha pequena cantidade.
 
O freeware e software gratuito que podemos baixarnos libremente e utilizalo sen problemas.
 
O software libre que nunca debemos confundir con freeware, e software que inclue o seu código fonte, de maneira que pode ser modificado por calquer programador sempre que as modificación sexan públicas. O software libre está disponible para descarga gratuita ou pode vir en recopilacións ou distribucións polas que se cobra unha cantidade e podemos duplicar libremente.
 
FAQ : Frequently Asked Questions os FAQ son recopilacións de preguntas e respostas sobre diversos temas, xeralmente relacionados ca informática e as redes. Moitos grupos de news teñen os seus propios FAQ, preguntar unha cuestión recollida nun FAQ soe obte-lo silencio ou o famoso RTFM le o **** manual.
 
Hackers : ainda que a palabra e demonizada continuamente polos medios de información en realidade fai referencia a unha clase de experto en seguridade, sistemas, redes informáticas e toda a tecnoloxía que envolven. Lamentablemente as suas actividades investigadoras que tenden a buscar os medios tecnolóxicos para proporciona-lo acceso libre e total a todolos tipos de información nas redes chocan cos intereses comerciais das grandes compañías que fomentan esa demonización e desinforman o púbrico coma no lamentable caso do MP3. Asociar un hacker cun vulgar pirata de software e xogos ou cun asaltante bancario e tan absurdo coma inxusto. Sen eles non existirían as redes coma as coñecemos hoxe en día.

 
[voltar a páxina principal]