O prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnos do 2º Ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria é do 1 ao 31 de marzo, ambos os dous inclusive.
As solicitudes preséntanse na Secretaría do Centro. Para acadar máis información pódense facer consultas na Secretaría do Centro.
O número de prazas que oferta este Centro para Educación Infantil e Educación Primaria son as seguintes:
RELACIÓN DE VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2.011-12
| Educación
Infantil
2º Ciclo |
|
| 1º Curso | 44 + 6 n.e.a.e |
| 2º Curso |
8 |
| 3º Curso |
14 |
| Educación Primaria | |
| 1º Ciclo | |
| 1º Curso |
0 + 3 n.e.a. |
| 2º Curso |
8 |
| 2ºCiclo | |
| 1º Curso | 2 |
| 2º Curso | 18 |
| 3ºCiclo | |
| 1º Curso | 13 |
| 2º Curso | 23 |
ADMISIÓN DE ALUMNOS PARA O CURSO 2011-2012
A admisión do alumnado neste Centro para o curso 2011-2012 axustarase á lexislación e proceso que se indican:
1. NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN
- Decreto 30/2007 , do 15 de marzo. (DOG, 16/03/2007).
- Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG). (DOG, 19/03/2007).
- Instrucións do Departamento Territorial da Consellería de Educación e O. Universitaria
2. OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES:
|
Cursos de Educación Infantil |
(1) |
Cursos de Educación Primaria |
(1) |
|
Cuarto (3 anos) 44 Quinto (4 anos) 8 Sexto (5 anos) 14 |
6
|
Primeiro 0 Segundo 8 Terceiro 2 Cuarto 18 Quinto 13 Sexto 23 |
3 |
|
(1) O número de prazas reservadas para alumnos con necesidades educativas específicas de apoio educativo. |
|||
3. ÁREA DE INFLUENCIA E IES DE ADSCRICIÓN DO CENTRO
A área de influencia do Centro ao obxecto de aplicar a puntuación que corresponda por proximidade do domicilio é o que figura no plano exposto no taboleiro de anuncios, ao lado do presente escrito. Aos efectos de continuidade dos estudos de educación secundaria obrigatoria o Centro está adscrito ao Instituto de Educación Secundaria “Elviña”.
4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes de admisión, que se axeitarán ao modelo oficial (a recoller en Secretaría), deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 1 ao 31 de marzo, ambos os dous clusive, debendo ir acompañadas da fotocopia do libro familia onde estea inscrito o neno/a ou fotocopia do D.N.I.
5. PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN ALEGADOS.
Naqueles cursos nos que exista máis demanda que oferta de postos escolares, os pais, nais ou titores legais do alumnado afectado presentarán no Centro, no prazo do 1 ao 20 de abril, ambos os dous inclusive, a documentación xustificativa dos méritos por eles alegados para a aplicación dos criterios de baremación de admisión do alumnado, xunto cunha fotocopia do anexo II presentado anteriormente.
A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.
6. PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO
- Antes do 30 de abril.- Publicación da resolución provisional de admitidos e non admitidos. A listaxe ou listaxes que se publiquen terán carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello escolar do centro no prazo de cinco días hábiles. O consello Escolar resolverá no prazo de cinco días hábiles.
- Dentro dos 10 días seguintes ao da publicación da resolución provisional, unha vez resoltas as posibles reclamacións presentadas, farase pública a resolución definitiva de alumnado admitido e non admitido. Contra esta resolución poderase presentar recurso de alzada ante o Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes.
7. PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
Os alumnos admitidos no Centro formalizarán a súa inscrición na Secretaría do 20 ao 30 de xuño. Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.
8. SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Os servicios complementarios que ofrece o Centro son:
1. Comedor escolar
- Organizado e xestionado pola ANPA do Colexio.
- Horario. 14.00 a 16:00 horas
- Lexislación aplicable:
Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro, polo que se regula o funcionamento dos comedores escolares nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 06/02/07).
Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG, 05/03/07).
2. Madrugadores: VouCedo
- Organizado e xestionado pola ANPA do Colexio.
- Horario. 07.30 a 09:00 horas
OBSERVACIÓN IMPORTANTE:
Cada solicitante presentará unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza, (no caso de que non lle deran no primeiro). Esta instancia será entregada no centro que solicita en primeiro lugar. No caso de que o solicitante presente máis dunha solicitude, non se terá en conta ningunha delas, procedéndose á súa escolarización ao final do proceso. Do mesmo xeito se procederá coas solicitudes entregadas fóra de prazo.
OFERTA DO CENTRO:
O Centro oferta a todos os alumnos dende os tres anos o coñecemento dunha lingua estranxeira: INGLÉS.
Tamén oferta unha gran variedade de Actividades Extraescolares organizadas pola ANPA e polo Concello.
Para máis información acudir á Secretaría do Centro.
A Coruña, 25 de febreiro de 2011
O DIRECTOR DO CENTRO,
Asdo.: José Fidel Balseiro Gómez
RESOLUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR PARA ADMISIÓN DE ALUMNOS
O Consello Escolar deste Centro, conforme ao establecido nos artigos 39º.1 e 41º.1 da Orde 17/2007, do 19 de marzo, na Reunión Ordinaria celebrada o día 26 de abril de 2.010 acorda admitir todas as solicitudes de alumnos presentadas para o curso escolar 2.010-11
A relación nominal de alumnos está exposta no taboleiro de anuncios do Centro
A Coruña, 3 de maio de 2.010
O Presidente do Consello Escolar