|
A aula de informática do centro está dotada de trece modernos NC conectados en rede cun potente servidor de aula, todos eles da prestixiosa firma IBM, instalados polo Concello de A Coruña. A aula dispón de conexión permanente a Internet mediante tecnoloxía RDSI de alta velocidade. Cada NC dispón dunha pantalla de 17" que permite o emprego de altas resolucións de visualización gráfica nas actividades da aula. ![]() O servidor de aula proporciona acceso a programas de tratamento de textos, folla de cálculo e debuxo vectorial. Tamén está dispoñible en todo momento a navegación por Internet. Desta maneira os alumnos poden introducirse de maneira práctica nos conceptos e utilización das tecnoloxías da información mais recentes e teñen acceso a todolos contidos educativos dispoñibles na web. O Concello de A Coruña proporciona o servicio de acceso a Internet, conectando o servidor de aula do centro cos seus servidores centrais e controlando dende o seu servidor o acceso a contidos inadecuados para os alumnos cun sistema de filtrado mediante proxy. Os alumnos de primaria asisten á aula informática unha vez á semana de media. Practican as técnicas de acceso a Internet : correo electrónico, navegación por páxinas web, empregan os sistemas da búsqueda da rede para aprender a buscar contidos na web. Os maiores comezan a traballar con programas de tratamento de textos e debuxo vectorial. Temos outra aula de Informática dotada con 13 ordenadores, duás impresoras e un escáner, instalada pola Consellería de Educación. A aula dispón de conexión permanente a Internet mediante tecnoloxía ADSL de alta velocidade. Dispoñemos tamén dunha pizarra dixital, dous proxectores e tres ordenadores portátiles. |
NC : Network Computer son ordenadores que non dispoñen de sistemas de almacenamento propio pero teñen conexións de rede de alta velocidade e sistemas de visualización de alta resolución e calidade. Executan aplicacións proporcionadas a traves da rede local polo servidor. Servidor : reciben este nome ordenadores de gran potencia de almacenamento, proceso e memoria, con conexións de rede de alta capacidade que proporcionan acceso a aplicacións e internet os ordenadores dependentes deles. Neste caso os NCs da aula. Proxy : o proxy e un software instalado neste caso nos servidores centrais do concello que permite almacenar as páxinas máis visitadas para non ter que acudir a internet na seguinte visita e censurar selectivamente os contidos non apropiados para os alumnos. |