Esta páxina elaborouse integramente empregando software libre. En particular empregouse un sistema GNU/Linux 2.2.14-5 coma sistema operativo e os programas BlueFish 0.6 e GiMP 1.1.6 para a elaboración do código html e a parte gráfica respectivamente. O código HTML empregado e compatible co estandar HTML 4.0 polo que debería ser interpretado sen problemas por todolos navegadores recentes.
|
Diversos momentos da elaboración da páxina ( pulse sobre a imaxe para podela ver o seu tamaño orixinal ) |
|
|
|
| o programa BlueFish en acción | xerando o logo da páxina principal no GiMP |
O software libre e mantido en boa parte por voluntarios e organización non lucrativas coma o proxecto GNU, que queren contribuir a libre disponibilidade dun sistema operativo e aplicacións estables e seguros, que facilita realmente a elección o dispoñer de ducias de entornos diferentes, con acceso total por parte de programadores e usuarios as fontes do sistema para modificalo e adaptalo libremente a todolos usos posibles.
O software libre podese baixar gratuitamente da rede para empregalo e duplicalo libremente ou pódese adquirir comercialmente para obter asi soporte técnico e outras ventaxas. Este software permite a realización de proxectos educativos, científicos e empresariais en todo o mundo.
A diferencia da gran maioria dos costosos paquetes de software propietario, GNU/Linux dispón de potentes capacidades multilenguaxe e actualmente podese configurar parcialmente en galego e pronto disporá dun soporte total de corrección ortografíca en galego para todolos programas gracias o traballo desinteresado de voluntarios como os do proxecto trasno.
Se quere coñecer mais información sobre o software libre, GNU/Linux e as suas posibilidades pode visitar as seguintes páxinas en castelan, a páxina do proxecto GNU http://www.gnu.org/home.es.html e a páxina de Linux para hispanofalantes http://www.linux-es.com