Gonzalo lópez Abente naceu en Muxía, descendente, por liña materna, de Pondal. Despois de estudiar Dereito na Universidade de Santiago, viaxou por Europa (Francia, Bélxica e Holanda) establecendose á volta, en Muxía onde traballou nunha entidade bancaria ata a súa morte.
Participou activamente en tódolos movementos políticos e culturais da Galicia da preguerra. Vencellouse ó acto de constitución das Irmandades da Fala, movemento cultural e político de carácter nacionalista que trata de loitar para acadar unha autonomía integral para Galicia, para logo facer unha federación de pobos da Península Ibérica.
A súa producción poética consta de seis libros, os primeiros ("Escumas da ribera", "Alento de raza" e "De outono") conteñen lírica amorosa e poemas de loita. Nos segundos, "Nemancos" e "Cintileos nas ondas", o motivo principal é o mar e as paisaxes da súa terra.
Como narrador, cultivou a novela curta case sempre de ambiente mariñeiro.
"O deputado por Beiramar", "O novo Xuez","Fuxidos"...etc.
Tamén publicou, no ano 1928, unha
obra teatral titulada "Mª Rosa" é unha comedia en dous
actos de corte sentimental que trata un tema amorooso. Foi estreada en 1921
e publicada en 1928.![]()