Abraiantes

Estes días tivemo-la sorte de coñecer esta preciosidade de oruga. Tróuxoa Carlota de 5ºB. Atopouna nunha mata de fiuncho, facendo acopio de alimentos para a longa transformación que ía comezar. Tívemola na clase, pero estaba inqueda. Logo descubrimo-lo misterio. Non tiña onde colgar os fíos para transformarse nunha bolboreta. Cambiámola a unha caixiña con buracos e non tardou en inicia-la súa viaxe. Non sabemos si poderá completa-lo seu ciclo polo avanzado do outono. Tódolos días esperamo-lo milagre...
Podes ve-la bolboreta na páxina web:
http://entomologia.net/machaon.htm
Papilio machaon

Vespa crabro
Outro ser fantástico que parece unha personaxe da "Guerra das galaxias". Pois non, é un dos avispóns que trouxo o noso orientador, D. Xesús.
Aínda que impresionan as súas fauces, non é perigoso para as persoas. Aliméntase da savia e zume dos froitos e ramas de árbores. Chegan a ter catro centímetros de longo e fan moito ruído co bater das ás. Tamén alimentan ás larvas con avespas. Son especie protexida nalgúns países europeos coma Alemania ou Austria. Unha páxima moi completa sobre avispóns é: http://www.vespa-crabro.de/spanish3.htm
Volve ó inicio
Volve ó inicio