Amado Carballo 1901 - 1927

Luis Amado Carballo é o representante da Tendencia Hilozoista dentro das vangardas.

O Hilozoismo asume a tradición paisaxística do S.XIX combinándoa con recursos metafóricos das vangardas. Mantense a presencia da Natureza pero, as imaxes serán o centro do poema. É unha poesía sensual que combina elementos visuais e auditivos, a métrica é moi sinxela, os versos curtos, xeralmente oitosílabos, e rima asonante.

Amado Carballo naceu en Pontevedra. Estudia Filosofía e Letras e faise mestre de escola adicándose tamén ó xornalismo.

A súa vida transcorre nos arredores de Pontevedra e a paisaxe mariñeira do interior da ría vai estar moi presente nos seus versos.

Na poesía mistura imaxes vangardistas con ritmos populares para dar unha visión animada da paisaxe.

"Maliaxe" e "Os Pobres de Deus" son as primeiras obras, dúas narracións curtas con tintes humorísticos, onde se observa unha certa influencia de Valle-Inclán.

Como poeta publicou un só libro, "Proel" e postumamente apareceu "O Galo". Nas descripcións que fai da paisaxe, o elemento humano desaparece, humanizando o inanimado, por iso toda a súa obra é a búsqueda da humanización da paisaxe.

Este poeta, dos mellores das vangardas galegas, deixou moi escasa obra debido á súa morte, xa que finou cando tiña 25 anos, pero sí houbo outros poetas posteriores que prolongaron a súa maneira de facer poesía.