A mediados do S.XIX un grupo de intelectuais, baixo o nome de PRECURSORES, prepara o terreo para o próximo rexurdir da literatura galega. Moitos deles non escribiron en galego, pero investigaron na Historia e na Lingua galegas, que reivindican como vehículo de expresión literaria e transmisión de cultura.
Consideránse precursores ós escritores que xa tiñan obra publicada cando apareceu "Cantares Galegos" de Rosalía.
Francisco Añón é unha das figuras máis atractivas dos precursores do Rexurdimento. Naceu en Outes (A Coruña), nos seus anos universitarios vencellouse á mocidade intelectual provincialista, colaborando na prensa galega. Pola revolución do 1946 tivo que fuxir a Portugal de onde foi expulsado pola publicación do "Hymno dos Povos".
Viaxou por toda Europa, pero sempre mantivo contacto cos intelectuais de Galicia.
De volta estableceuse en Madrid adicándose ó ensino e ó periodismo ata a súa morte no ano 1878.
Na súa obra predominan as composicións de tipo costumista con certo humor e os himnos ardentes.
Entre as primeiras destacan "A leiteira", "A pantasma", "O magosto"...
Entre os segundos cómpre destacar que foi premiado cun accésit nos Xogos Florais de A Coruña polo
himno "A Galicia".