Citrus reticulata

Aínda que nós chamámoslle mandarino o nome botánico desta árbore é Citrus, que procede do grego e significa limón, reticulata do latín reticulatus.
A orixe desta árbore está no sudeste asiático e Filipinas. Contáse que o nome vulgar, mandarina, procede dunha antiga tradición chinesa, a de facer ofrendas destas froitas ós mandarines e tamén que foi o color das túnicas destes o que lle deu o seu nome. Unha estimación da data do consumo desta froita, sería duns 2400 anos. O coñecemento nos países mediterráneos atribúese ás expedicións de Alejandro Magno.
É unha árbore pequena, 2 a 6 metros, de tronco no moi recto, con ramiñas angulosas e follas ovadas, elípticas ou lanceoladas. Non as perde no inverno.
Árbore do patio do colexio
Teñen de 4 a 8 centímetros de lonxitude e ata catro de ancho. Bordo aserrado na base, cor verde escura e brillante na face, máis clara no envés. Arrecenden ó rompelas, son coriáceas.
Follas novas
Flores
As flores poden ser únicas ou en grupos de ata catro, terminales ou laterales; teñen cinco pétalos de cor branca e moi olorosas. Teñen sobre 20 estames.
Botóns florais
O mesmo que outros cítricos como as laranxa, das flores do mandarino obténse a auga de azahar de grandes propiedades, sedantes e antiespasmódicas. É moi característico o arrecendo que exhalan.
Estes pequenos froitos medraron no mandarino do patio, aínda despois do ataque das plagas que case rematan coa árbore.
Froitos
O froito é globoso algo achatado, de cor laranxa. Ten a pel fina e despréndese con facilidade.
Froito
O froito por dentro
Esta forma de froito chámase hesperidio e ten o interior dividido en porcións onde se aloxan as sementes, cando existen. Agora hai variedades que non as teñen.
As porcións do froito
A pulpa está formada por numerosas vexigas cheas de zume moi aromático e doce. Este feito, unido a facilidade de pelala, fan desta froita que sexa moi apreciada.

O mesmo que outras árbores do xénero Citrus o mandarino provén das zonas tropicais de Asia. O cultivo chegou a Europa no século XVI. Agora son grandes productores Xapón, Israel, Alxeria e España.
Diferentes variedades de mandarinas son: clementinas, clemenvillas, híbridos e satsumas.
Da importancia económica do cultivo destas árbores da idea o feito de que un 90% das consumidas no noso país son producidas aquí mesmo.
Ademais do uso na alimentación, importantísimo como imos ver, das follas, flores e cortiza extraénse esencias para a fabricación de perfumes.

Esta froita aporta unha grande cantidade de auga e non moitos azucres e calorías. Ten fibra, a maioría na parte branca, vitamina C (algo menos cas laranxas), provitamina A (beta-caroteno), ácido fólico, ácido cítrico, potasio, magnesio... A provitamina A, en maior proporción que noutros cítricos, transfórmase no organismo en vitamina A, cando este a precisa. É importantísima para a vista, pel, osos, cabelo e sistema inmunolóxico. Ademais reforzada pola vitamina C (resistencia as infeccións, formación dos osos, absorción do ferro, formación dos glóbulos vermellos...) teñen unha grande acción antioxidante. Por iso é moi importante para a boa saúde e debería consumirse xenerosamente.

Esta árbore, coma outros cítricos é sensible ó ataque da cochinilla e tamén os fungos.
Follas atacadas polas cochinillas
Tamén os fungos
Máis de preto

Estes asentan na melaza excretada por cochinillas e pulgóns. O ano 2004 noso mandarino tivo un grande ataque que conseguimos dominar 'pintando' as partes atacadas da árbore con aceite.

Rodolia cardinalis
Tamén gracias a unha aliada moi especial: a Rodolia cardinalis. Este coleoptero é un exemplo de loita biolóxica, xa que come os ovos e larvas da cochinilla algodonosa dos cítricos.

Da chegada desta árbore á península, e norte de Marrocos, sabemos que foron os portugueses os que a trouxeron. Pola súa procedencia chamáronse "naranjas mandarinas" en español e laranxas tangerinas en portugués. Esto último deberíase ó seu parecido coa laranxa, xa aclimatada no país, e tamén a que nos primeiros tempos foi cultivada en Tanger, entón colonia portuguesa.

Poderiamos aplicar a esta árbore adiviñas tradicionalmente aplicadas á laranxeira e a súa froita:

De bronce é o talo,
as follas de esmeralda.
De ouro é o froito,
as froles de prata.

Primeiro fun branca
logo verde me vin,
e agora que estou dourada,
¡ai probe de min!
Volve ó índice
Volve ó índice das árbores
Vai ó curso de tele-formación
Vai ó curso de tele-formación