Platanus x hybrida

O plátano de paseo, ou plátano de sombra, pode ser un híbrido de dúas especies: Platanus occidentalis e Platanus orientalis. Recibe tamén outros nomes como o de Platanus acerifolia e Platanus hispanica.
Parece ser que o nome plátano podería vir do grego "platus", polo ancho da copa ou das follas. Hispánica viría da implantación na nosa península e acerifolia lembra a semellanza das follas coas do Acer pseudoplatanus.

Parece que o plátano existía xa en Europa no período Cretácico pero que desapareció coas glaciacións. As dúas especies que darían este híbrido (a occidentalis e orientalis) foron introducidas nas Illas Británicas por un xardineiro francés que fixo a hibridación alá polo ano 1650.

É unha árbore que pode acadar 35 ou 40 metros de alto. O tronco e groso e dereito. Nos exemplares máis lonxevos (hai algúns de ata 2000 anos, coma o de Hipocrate en Cos) poden alcanzar os 14 metros de circunferencia.
Esta árbore é símbolo da rexeneración ou renovación polo feito de que a súa cortiza vai desprendendo en capas irregulares deixando ver manchas amarelas. Isto dalle o aspecto de pel de serpe.
Tamén dí a lenda que a súa madeira foi utilizada na construccion do cabalo de Troia.
Parece ser que era moi venerado en Grecia e que o filósofo Sócrates incluíano son seus xuramentos. Críase consagrado ó Xenio e os grandes homes de Atenas conversaban baixo dos plátanos.
Árbore do colexio
Cortiza

En España son moi famosas as árbores do conxunto "A trinidade" (O Pai, A Femia e os Xemelgos) en Aranjuez. Teñen ó redor dos 200 anos.
A copa desta árbore é ovalada, de nova, e despois va ancheando cos anos. A madeira é clara, dura e resistente. Moi utilizada en ebanistería e xoguetería.
Resiste ben a humidade, non o encharcamento, e a contaminación das cidades. É moi utilizado coma ornamental en parques e xardíns. Da moita sombra.
Prefire solos profundos e lixeiros. Gusta da luz.

As follas son alternas, grandes, divididas en 3 ou 5 lóbulos dentados, colgan en grupos de longos pedúnculos. As follas son caducas, caen no outono pasando da cor verde viva na face, e máis crara no envés, a toda unha ampla gama que vai do amarelo ó castaño.

Un costume grego é que cando dous namorados teñen que alonxarse, cada un deles garda a metade dunha folla de plátano. Cando estes volven xuntarse teñen que completar de novo a folla enteira.

Folla de platano
Folla no outono
Máis avanzada a estación
Aínda na árbore
A nosa árbore no outono
Últimas follas
Froitos
Maís preto

As flores son unisexuais, as masculinas moi pequenas, amarelas ou verdosas agrupadas en amentos. As femininas algo máis grandes e tamén agrupadas en amentos. Florecen o mesmo tempo, entre abril e maio. O polen do plátano é responsable de moitas alerxias.
O froito é un aquenio de cor parda con pelos ríxidos, queda na árbore durante o inverno. A semente non é fértil por ser un híbrido. A reproducción soe facerse por esquexes.

Sábese que Dionisio de Siracusa levou esta árbore a Sicilia e que os romanos a estenderon por Europa no comenzo da era cristiana. Unha lenda conta que Cesar plantou un plátano en Córdoba para lembrar que o territorio pertencía a Roma. Oito siglos despois foi Abderramán o que plantou no mesmo sitio unha palmeira e adicou un poema ó feito de xuntar no mesmo lugar, a tradición de Occidente e de Oriente.
Na rexión de Lícia, Plinio conta que existiu un plátano chamado 'a gruta vexetal'. Contábase que un Cónsul durmiu alí con 18 amigos. Calígula deu un festín, no interior doutro plátano, para 15 amigos. Tamén sabemos doutro plátano, preto de Constantinopla, que tiña un perímetro de 45 metros e 24 no interior.

Volve ó índice das árbores
Volve ó índice das árbores
Vai ó curso de tele-formación
Vai ó curso de tele-formación