Chopo branco, Lamagueiro, Lamigueiro, Álamo branco
|
Todos este nomes recibe o Populus (do latín popular por
ser moi abondoso) alba (pola cor da cortiza, do envés
das follas e dos penachos peludos das sementes). |
| É unha árbore
caducifolia, perde as follas no inverno. É alta, pode acadar os
30 metros, co tronco forte e moitos brotes na base. É moi utilizada
para alineamentos, nas beiras dos paseos e preto de rios ou estanques.
Prefire os solos lixeiros e frescos. Ten fortes e profundas raices. É unha árbore moi usada coma ornamental e ten a capacidade de reter moito po nas follas, facendo así unha boa labor de limpeza do ambente nas cidades. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Nos exemplares novos a cortiza é
de cor branca agrisada, co tempo aparecen moitas fendas. As ramas novas
son verdes e peludas. A madeira é branca, pouco resistente e utilízase para embalaxes ou pasta de celulosa. |
| As follas son alternas xeralmente ovaladas con 3 ou 5 grandes lóbulos aínda que a forma varía moito das follas novas ás más vellas. A face é verde oscuro e brillante, o envés de cor branquecina e con moito vello. |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
As flores son unisexuais verdosas, agrupadas en amentos de 4 a 6 cm, as masculinas con estames vermellos. As femininas amarelo verdosas e moito máis longas na fructificación. Son lanosas. Aparecen nas árbores antes da saída das follas. |
| Esta árbore orixinaria de centro e sur de Europa,
Africa e Asia Menor, é moi utilizada coma cortaventos, para protección
de ribeiras, pola súa facilidade de reproducción vexetativa
e lonxevidade, pode chegar ós 400 anos. Entre os pobos celtas era
moi valorada polas virtudes medicinais. As follas e a cortiza teñen
propiedades astrinxentes e son boas para combatir a febre. A cortiza aplicábase
sobre as feridas e a resina (propoleo) é boa para os resfríos
e dores. O feito de ser unha árbore moi relacionada co vento (as follas teñen longos pecíolos e treman cando sopla, parece que "falan") fixo que fose considerada coma mensaxeira dos deuses e utilizada de oráculo para predeci-lo futuro. O que xa non é tan benéfico desta árbore é a súa relación con moitas alerxias na época da súa floración. |
|
Sábese tamén que en Bolonia, cando nacía unha
nena prantábanse moitas destas árbores (ata 1000, se era
posible) e coidaban delas ata o casamento. Entón cortábanse
e o diñeiro obtido da venta, era a dote da noiva. |
E para rematar lembremos uns poemas moi coñecidos que falan destas árbores:
|
"De los álamos
vengo, madre, |
"En mis álamos blancos ponen las nubes Juan Ramón Jimenez |
|
"He vuelto a ver los álamos dorados,
|
"En el soto, Federico García Lorca |
| Volve ó índice das árbores |
|
Vai ó curso de tele-formación |